Provincia de Buenos Aires

provincia da Arxentina From Wikipedia, the free encyclopedia

Provincia de Buenos Airesmap
Remove ads

A provincia de Buenos Aires[1], ou tamén provincia de Bos Aires, é unha das 23 provincias que compoñen a Arxentina. Pola extensión, poboación e relevancia das súas actividades económicas é considerada a máis importante do país.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Datos rápidos Localización, Capital ...

Limita ao norte coas provincias de Entre Ríos e Santa Fe, ao oeste coas provincias de Córdoba, Pampa e Río Negro, ao sur e ao leste co Atlántico e ao nordeste co Río da Plata. No seu nordeste atópase a Cidade de Bos Aires, que dende 1880 non forma parte da provincia. A súa capital é a cidade de La Plata.

Con 307.571 km² de extensión, é a provincia arxentina máis extensa, ocupando o 11,06% da súa superficie total. O partido de Patagones é o máis extenso da provincia con 13.600 km², e o de Vicente López é o menos extenso, con 33 km².[2]

A súa poboación aproximada é de quince millóns de habitantes segundo o Censo da Arxentina de 2001,[3] co cal é a provincia máis poboada da República Arxentina. Está conformada por parte do Gran Buenos Aires, con 9.270.661 habitantes, máis o que se considera o interior con 4.556.542 habitantes. É unha das provincias con maior densidade de poboación, equivalente a 48,05 habitantes por km², só superada pola Cidade Autónoma de Buenos Aires e a provincia de Tucumán.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads