Histidina
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A histidina (abreviadamente His ou H)[2] é un α-aminoácido que forma parte das proteínas, polo que é un aminoácido proteinoxénico. Na súa cadea lateral ten un grupo funcional cíclico imidazol, que se carga positivamente facilmente (pKa = 6,5), polo que é un aminoácido básico.
L-Histidina | |
---|---|
Histidina | |
Outros nomes Ácido 2-amino-3-(1H-imidazol-4-il)propanoico | |
Identificadores | |
Número CAS | 71-00-1 |
PubChem | 773 |
ChemSpider | 6038 |
UNII | 4QD397987E |
DrugBank | DB00117 |
KEGG | D00032 |
ChEBI | CHEBI:57595 |
ChEMBL | CHEMBL17962 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C6H9N3O2 |
Masa molar | 155,15 g mol−1 |
Solubilidade en auga | 4,19g/100g a 25 °C [1] |
Perigosidade | |
NFPA 704 | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
É un aminoácido esencial que non pode ser sintetizado polo organismo e debe tomarse na dieta [3] Os seus codóns no código xenético son: CAU e CAC. Foi purificado por primeira vez en Alemaña por Albrecht Kossel en 1896.
Os produtos lácteos, a carne, o polo e o peixe son ricos en histidina. A histidina é un precursor da histamina, a cal intervén nas reaccións alérxicas. Participa tamén no desenvolvemento e mantemento dos tecidos, e particularmente no da mielina que cobre os axóns das neuronas.