Historia de Cuba
From Wikipedia, the free encyclopedia
Cuba foi unha das primeiras illas ocupadas polos conquistadores casteláns. A illa, chamada polos nativos Bohío, foi visitada por Colón na súa primeira viaxe o 24 de outubro de 1492, aínda que o almirante a consideraba terra continental pertencente aos dominios do Gran Khan. Déuselle o nome de La Juana, nome da filla dos Reis Católicos e a súa insularidade foi probada en 1509 por Sebastián de Ocampo.