From Wikipedia, the free encyclopedia
A homeostase[1] (do latín científico homeostasis; do grego ὅμοιος hómoios 'similar', 'semellante' [2] e στάσις stásis 'posición', 'estabilidade' [3][4]) é a característica dun sistema aberto ou dun sistema pechado, especialmente nun organismo vivo, que regulariza o seu ambiente interno para manter unha condición estable e constante. Os múltiples axustes dinámicos do equilibrio e os mecanismos de autorregulación fan a homeostase posíbel.
A homeostase é a regulación do medio interno constitúe un dos preceptos fundamentais da fisioloxía, posto que un fallo na homeostase deriva nun mal fundamentado dos diferentes órganos. Toda a organización estrutural e funcional dos seres que tende cara a un equilibrio dinámico. Na homeostase orgánica, o primeiro paso de autorregulación, é a detección do afastamento da normalidade. A normalidade nun sistema deste tipo, defínese polos valores enerxéticos nominais, os resortes de regulación dispáranse nos momentos en que os potenciais non son satisfactoriamente equilibrados, activando os mecanismos necesarios para compensalo. Hai que ter en conta que as diferenzas de potencial non son electromagnéticas, podendo existir diferenzas de presión, de densidades, de grao de humidade etc. Por exemplo, a glicemia, cando hai un exceso (hiperglicemia) ou un déficit (hipoglicemia), sendo a solución no primeiro caso, a secreción de insulina, e no segundo, a secreción de glicagón todo iso a través do páncreas, e conseguindo nivelar a glicemia.
A homeostase foi descuberta por Claude Bernard a mediados do século XIX, cando observou que as variacións corporais como temperatura, presión arterial e frecuencia cardíaca tiñan como obxectivo devolve-la estabilidade ao corpo. Porén, o termo homeostase foi acuñado en 1928 polo biólogo Walter Cannon (1871-1945), que recibiu o Premio Nobel por definir en 1932, no libro The Wisdom of the Body, as características que rexen a homeostase e que son:
A homeostase responde a cambios efectuados::
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.