From Wikipedia, the free encyclopedia
Homo heidelbergensis (algunhas veces chamado Homo rhodesiensis) é unha especie extinta do xénero Homo que viviu en África, Europa e Asia occidental desde hai polo menos 600 mil anos, mesmo podería ascender a 1.3 millóns de anos a súa orixe. Sobreviviu ata hai 200-250 mil anos. É probablemente o antecesor de Homo sapiens en África e dos Neanderthais en Europa, incluso dos Denisovanos en Asia. O primeiro fósil foi atopado en 1907 en Alemaña por Otto Schoetensack[1][2][3].
Homo heidelbergensis Rango fósil: Plistoceno, | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Extinto (fósil) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Homo heidelbergensis' Schoetensack, 1908 |
Tanto H. antecessor coma H. heidelbergensis son antecesores comúns do morfoloxicamente moi similar do africano Homo ergaster. Mais, H. heidelbergensis tiña unha ampla cavidade cranial, con volume de entre 1100–1400 cm3 (superior ao actual humano de 1350 cm3), e tiña un comportamento máis avanzado no uso de ferramentas e en comportamento, e por iso se lle deu unha clasificación de especie separada. O macho de H. heidelbergensis tiña de media unha estatura de 1.75 metros e 62 kg e as femias unha media de 1.57 metros e 51 kg de peso.[4]. Unha reconstrución de 27 ósos de perna do sitio arqueolóxico de Atapuerca Burgos axudaron a determinar o peso de H. heidelbergensis en comparanza con Homo neanderthalensis concluíndo que H. heidelbergensis tiña de media uns 1.70 cm e que eran só un chisco lixeiramente máis altos cós Neanderthais [5]. Outras publicacións baseadas en estudos de poboacións surafricanas indican que algunhas poboacións chegaban a alturas desmesuradas de ata 2,13 metros[6].
O descubrimento en Atapuerca de 28 esqueletos humanos suxire que H. heidelbergensis sería a primeira especie, xa no paleolítico, de Homo en enterrar os seus parentes[7].
Algúns expertos [8] postulan que H. heidelbergensis, así coma os seus descendentes, coma H. neandertalensis, tiñan formas de comunicación oral, fala, primixenia. Non se lles detectou elaboración de arte ou artefactos sofisticados máis o ocre roxo, un mineral que pode ser empregado para crear pigmentación roxa útil para debuxar, localizouse asociado a sitios arqueolóxicos da especie, en concreto en Terra Amata, no sur de Francia.
A morfoloxía do oído externo e medio suxire que tiñan unha sensibilidade auditiva similar aos humanos modernos e moi diferente dos chimpancés. Eran probablemente capaces de diferenciar moitos sons diferentes[9]. O desgaste dental suxire que eran seguramente tan destros coma os humanos modernos[10]. H. heidelbergensis era o máis achegado filoxeneticamente a Homo ergaster. Pénsase que H. ergaster foi o primeiro homínido en vocalizar[8] e que desenvolveu a cultura máis sofisticada que houbo ata ese momento.
Existen restos en Suráfrica de hai 500 mil anos que mostran puntas de pedra con mango que foron usadas para cacerías e tamén usadas varias veces para o traballo. Iso suxire que os humanos modernos e Neanderthais herdaron as lanzas de pedra, e non desenvolveron a tecnoloxía independentemente.[11].
A causa da radiación de H. heidelbergensis fóra de África, as poboacións africanas e europeas illáronse case completamente durante os períodos interglaciares de Wolstonian e Eemian, os últimos máis prolongados do período glacial do Cuaternario. Os Neanderthais diverxeron do H. heidelbergensis seguramente hai 300 mil anos en Europa, durante o período interglaciar de Wolstonian, e Homo sapiens probablemente entre hai 200 mil e 100 mil anos en África. Os fósiles de Atapuerca e o cranio de Kabwer poderían mostrar a diverxencia de Homo heidelbergensis nas dúas especies.
Homo neanderthalensis retivo a meirande parte das características de H. heidelbergensis. Inda que máis pequenos, os Neanderthais eran máis robustos, con arcos ciliares máis amplos, unha cara lixeiramente máis protuberante e carecendo dunha testa prominente. Agás coa excepción dos homes de Cro-Magnon, tiñan un cerebro moito máis voluminoso ca calquera outro homínido. Homo sapiens, pola outra banda, tiña un volume cerebral maior ca Homo heidelbergensis pero menor ca Homo neandertalensis. Homo sapiens foi o único homínido coñecido cunha ampla testa, cara plana, estreito de corpo e de pés reducidos.
Os escenarios propostos para a explicación da evolución a partir de H. heidelbergensis son:
Os que apoian a orixe multirrexional dos humanos modernos baséanse nunha reprodución fértil entre moitos estadios evolutivos dos homínidos[12] ou na transferencia xénica entre poboacións próximas por fluxo xénico e mantemento en posteriores xeracións.
O primeiro descubrimento fósil desta especie fíxose en 1907 en Mauer, Alemaña, cando o obreiro Daniel Hartmann observou unha mandíbula nun areal. A mandíbula, Mauer 1, estaba nun bo estadio de conservación, agás os dentes premolares perdidos, que foron despois atopados preto dela.
Os seguintes restos de H. heidelbergensis atopáronse en Steinheim an der Murr, Alemaña; Arago, Francia; Petralona, Grecia; Ciampate del Diavolo, Italia; Dali, Jinniushan e Maba, China. En 1925–1926 acháronse os cranios de "Galileo" en Mugharet el-Zuttiyeh en Israel, que foran os primeiros fósiles dos primeiros homínidos atopados na Asia occidental[13].
A partir de 1992 o equipo español de escavación do sitio arqueolóxico localizou en Atapuerca máis de 5.500 ósos humanos que datan de polo menos 350 mil anos. No sitio arqueolóxico apareceron fósiles de quizais 32 individuos humanos, restos de Ursus deningeri e doutros carnívoros, e mais unha biface que foi chamada Excalibur[14]. Postúlase que este machado feito de cuarcita vermella destinábase a algún tipo de ritual de ofrenda ou funeral. Se é así, sería a primeira proba de prácticas funerarias[14]. O 90% dos restos de Ho. heidelbergensis foron obtidos neste sitio arqueolóxico. Os restos óseos inclúen:
En sitios próximos apareceron restos do controvertido Homo antecessor H. neanderthalensis[15].
En 1994 atopouse un pequeno óso de tibia de homínido a pouca distancia da Canle de Inglaterra, na pedreira de Boxgrove, xunta con centos de machados de man. Ese fragmento de óso de perna data de entre 478-524 mil anos. Nese sitio arqueolóxico atopáronse máis adiante dentes de H. heidelbergensis. Esta foi a primeira especie de proto-humanos que ocupou tanto Francia coma Gran Bretaña que, nese momento, estaban conectadas por unha masa de terra.
A tibia estaba roída por un gran carnívoro, o que suxire que fora matado por un león ou lobo ou que fora desenterrado e roído despois do seu enterramento[16].
As lanzas de Schöningen son oito lanzas de pau da época do paleolítico que se atoparon entre o 1994 e 1998 nunha mina de lignito en Schöningen, no distrito alemán de Helmstedt. A canda elas apareceron os restos de ósos de 16,000 animais. Cunha antigüidade de 300 mil anos [17][18][19][20][21] son a máis vella e completa colección de lanzas en todo o mundo e considéranse a primeira evidencia de actividade de caza do Homo heidelbergensis.
En 2005 localizáronse restos de ferramentas de sílex e de dentes nas fontes de auga de Mimomys savini. Datarían de hai 700 mil anos co que poderían ser resultado dun posible entrecruzamento entre H. antecessor e H. heidelbergensis'[22][23][24][25][26].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.