Honorio II, nado co nome de Lamberto Scannabecchi en Fagnano en data ignota, e finado en Roma o 13 de febreiro de 1130, foi o 163º papa da Igrexa católica de 1124 a 1130.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Infotaula de personaHonorio II, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XI Editar o valor en Wikidata
San Martino in Pedriolo (Estados Pontificios) Editar o valor en Wikidata
Morte20 de febreiro de 1130 Editar o valor en Wikidata
Roma Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Xoán de Latrán Editar o valor en Wikidata
163º Papa
28 de decembro de 1124 – 13 de febreiro de 1130 (Gregoriano)
 Calisto IIInocencio II 
Cardeal bispo de Ostia list of bishops of Ostia (en) Traducir
1117 (Gregoriano) – 1124 (Gregoriano)
 Leão de Óstia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico , escritor Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrdem de Santo Agostinho (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
12 de decembro de 11241124 papal election (en) Traducir
29 de xaneiro de 11191119 papal election (en) Traducir
21 de xaneiro de 11181118 papal election (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1616101
Pechar

Traxectoria

En 1117 foi nomeado cardeal de Ostia por Xelasio II. Converteuse nun dos seus colaboradores máis achegados, acompañándoo a Francia cando o papa foi exiliado. Xa durante o papado de Calisto II actuou como legado papal e participou activamente nas negociacións que levarían á sinatura, en 1122, do Concordato de Worms que puxo fin á querela das investiduras.

Trala morte de Calisto II, a tradicional intromisión imperial nas eleccións papais desaparecera debido á inmediata morte do emperador Henrique V.

Con todo, esta favorable oportunidade non foi aproveitada pola Igrexa debido a que os cardeais estaban divididos en dúas faccións, apoiadas respectivamente polas familias Pierleoni e Frangipani, que levaron á elección de dous papas: Honorio II e Celestino II. O previsible cisma quedou abortado coa renuncia de Celestino II, sendo consagrado Honorio o 21 de decembro de 1124.

A súa primeira decisión foi a sucesión de Henrique V no trono do imperio Xermánico, pretendido por tres candidatos: Lotario, duque de Saxonia; Frederico, duque de Suabia, e Conrado, duque de Franconia. A elección estaba en mans dunha asemblea composta por sete príncipes electores, tres eclesiásticos e catro nobres entre os que se encontraban os tres candidatos ao trono; pero ao estaren os electores eclesiásticos influenciados polo Papa, Honorio era quen tiña a clave da elección. Decantouse polo duque de Saxonia, que en 1125 se converteu no rei xermano Lotario III, ao ser o candidato máis propenso a respectar o concordato de Worms.

En 1127, trala morte do duque Guillerme de Calabria e Apulia, opúxose nun primeiro momento a que o conde Roxerio II de Sicilia fose o seu sucesor, aínda que posteriormente viuse na obriga de recoñecelo.

Durante o seu pontificado Bernaldo de Claraval redactou a regra pola que se debería rexer a recentemente fundada Orde do Temple, sendo recoñecida oficialmente por Honorio no concilio de Troyes.

Combateu a herexía dos albixenses, para o cal convocou o concilio de Tolousse.

Honorio II morreu no convento de San Gregorio, onde se retirara ao sentirse enfermo. O seu corpo foi inhumado na Basílica de San Xoán de Letrán.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.