From Wikipedia, the free encyclopedia
Al-Ḥusayn ibn ʿAliyy ibn ʾAbī Ṭālib (en árabe: اَلْحُسَيْنُ بْنُ عَلِيِّ بْنِ أَبِي طَالِبٍ), nado en Medina o 10 de xaneiro de 626 e finado en Karbala o 10 de outubro de 680, foi o neto do profeta Mahoma e fillo de Ali ibn Abi Talib e de Fatimah, filla de Mahoma. É unha figura importante no islam como membro da Casa de Mahoma (Ahl al-Bayt) e do (Ahl al-Kisā', ademais do terceiro imán xiíta.
Antes da súa morte, o dirixinte omeia Mu'awiya sinalou o seu fillo Yazid como o seu sucesor, contrario ao tratado de Hasan-Muawiya.[1] Cando Muawiya faleceu en 680, Yazid pediu que Hussein prometese lealdade por el. Hussein rexeitouno mesmo aínda que iso significase o sacrificio da súa vida. Como consecuencia abandonou Medina para refuxiarse na Meca no ano 60 da héxira.[1][2] Alí, a xente de Kufa enviáballe cartas, pedindo a súa axuda e prometéndolle lealdade, polo que viaxou a Kufa[1] despois de obter indicacións favorables, xunto cunha pequena caravana cos seus parentes e seguidores,[3] mais preto de Karbala a súa caravana foi interceptada polo exército de Yazid. Foi asasinado e decapitado na batalla de Karbala do 10 de outubro de 680 (10 Muharram 61 AH) por Yazid, xunto coa maioría da súa familia e compañeiros, incluído o seu fillo de seis meses, Ali al-Asghar, mentres que as mulleres e os nenos foron tomados prisioneiros.[1][4] A rabia pola morte de Hussein converteuse nun berro unificador que axudou a debilitar a lexitimidade do califato omeia, e finalmente o derrocamento pola revolución abásida.[5][6]
A conmemoración anual de Hussein e dos seus fillos, familia e compañeiros ten lugar durante Muharram, primeiro mes do calendario islámico, e o día en que foi martirizado é coñecido como Ashura (décimo día de Muharram, día de loito para os musulmáns xiítas). As accións de Hussein en Karbala avivaron movementos xiítas posteriores,[6] e a súa morte foi decisiva na historia do islam e do xiísmo. A vida e a morte de Hussein foron cruciais porque tiveron lugar nuns dos períodos máis decisivos do século VII. Durante este tempo, a opresión omeia estaba descontrolada, e a posición que adoptaron Hussein e os seus seguidores converteuse nun símbolo de resistencia que inspirou futuros levantamentos contra os opresores e a inxustiza. Ao longo da historia, personalidades como Nelson Mandela e Mahatma Gandhi, citaron a postura de Hussein contra a opresión como un exemplo para as súas propias loitas contra a inxustiza.[7]
A avoa materna de Hussein foi Khadijah bint Khuwaylid, e os seus avós paternos foron Abu Talib e Fatimah bint Asad. Hasan e Hussein foron considerados por Mahoma como os seus propios fillos debido ao amor que sentía por eles. Dixo: "cada fillo da súa nai están asociados co seu pai agás polos fillos de Fatimah dos que eu son o pai e a súa liñaxe". Así, os descendentes de Fatimah son descendentes de Mahoma e forman parte da súa familia.[8][9]
Hussein tivo varios fillos:
A historia de Hussein foi unha importante fonte de inspiración para os movementos revolucionarios xiítas, xustificando a súa propia resistencia contra unha autoridade inxusta. Durante a revolución islámica de 1979 en Irán contra a dinastía Pahlavi, as crenzas e os símbolos xiítas foron fundamentais para orquestrar e sustentar a resistencia popular, e a historia de Hussein proporcionou un marco para etiquetar como o mal e así reaccionar contra o xa Pahlavi.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.