Eón hadeico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O eón hadeico (tamén chamado hádico ou hadeano) é a primeira división do Precámbrico. Comeza no intre no que se formou a Terra hai uns 4.570 millóns de anos e remata fai 3.800 millóns de anos durando 770 millóns de anos, cando comeza o eón arcaico. A Comisión Internacional sobre Estratigrafía considérao un termo informal e non fixou nin recoñeceu estes límites.[2][3] Etimoloxicamente, a palabra Hadeico provén da palabra grega Hades que denominaba ao inframundo grego, probablemente porque se lle relaciona cunha etapa de calor e confusión.
Suxeriuse que "Hadeico" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Supereón | Eón[1] | M. anos |
---|---|---|
Fanerozoico | 542,0 ±1,0 | |
Precámbrico | Proterozoico | 2.500 |
Arcaico | 3.800 | |
Hadeico | c. 4.570 |
Durante este período, probablemente o Sistema Solar estaba a formarse dentro dunha gran nube de gas e po. A Terra formouse cando parte desta materia transformouse nun corpo sólido. Este é o período durante o cal se formou a codia terrestre. Esta codia sufriu moitos cambios, debido ás numerosas erupcións volcánicas.
As rochas máis antigas que se coñecen teñen unha antigüidade de aproximadamente 4.400 millóns de anos e atópanse no Canadá e Australia, mentres que as formacións rochosas máis antigas son as de 3.800 millóns de anos de Groenlandia.
Durante este eón produciuse o bombardeo intenso tardío que afectou os planetas interiores do Sistema Solar, fai 3.800-4.000 millóns de anos.