Hóckey sobre herba
deporte de equipo practicado sobre herba / From Wikipedia, the free encyclopedia
O hóckey sobre herba[1] é un deporte practicado por dous equipos de once xogadores. Un partido divídese en catro tempos de 15 minutos, con 15 minutos de intervalo na metade, dous minutos despois dos primeiro e terceiro tempo; dispútase sobre un rectángulo cunha portería en cada extremo. O obxectivo do xogo é tentar marcar o maior número de goles posíbeis, conducindo a bóla por medio dun stick.