From Wikipedia, the free encyclopedia
A iconografía (palabra composta de icono e grafe -descrición-) é a descrición das temáticas das imaxes e tamén o tratado ou colección destas.
Os trazos da súa diferenza conceptual coa iconoloxía son ás veces pouco precisos.
A iconografía é a ciencia que estuda a orixe e formación das imaxes, a súa relación co alegórico e o simbólico, así como a súa identificación por medio dos atributos que case sempre lles acompañan. Esta ciencia ten a súa orixe no século XIX e foi desenvolvida ao longo do XX. O grande estudo da iconografía e o seu desenvolvemento deuse especialmente no Instituto Warburg de Londres, baixo a dirección do historiador e crítico de arte Erwin Panofsky. A partir de entón viron a luz numerosas obras de estudo sobre o tema, enciclopedias e dicionarios.
Os tres grandes eidos da iconografía son a mitoloxía clásica, a mitoloxía cristiá e a temática sobre as representacións civís.
Na sesión número vinte e cinco do Concilio de Trento, celebrado no século XVI, estruturouse un Decreto sobre as imaxes, no que se sinalaban as características que debían seguir estas e as funcións a cumprir. Distinguía dous tipos de imaxes:
Ademais destas imaxes tradicionais, engadíronse as introducidas polas ordes relixiosas, os seus santos propios e novas advocacións da Virxe. Os dominicos achegaron a Virxe do Rosario, os franciscanos, as ánimas e a Virxe das Dores, e os carmelitas a Virxe do Carme.
Despois do Concilio de Trento a devoción mariana invade a iconografía con nomes-topónimo que xorden do lugar das aparicións en toda a xeografía do catolicismo. Existe tamén unha gran difusión do culto do personaxe bíblico de María Magdalena que se fai no norte de España, patroa dos peregrinos (e dos apestados) xunto con Santiago o Maior. Con todo, a imaxe da Virxe do Leite ou Galaktotrofusa ou de Belén está totalmente prohibida durante esta época e as xa existentes teñen que retiralas do culto.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Iconografía |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.