Identidade (matemáticas)
From Wikipedia, the free encyclopedia
En matemáticas unha identidade é unha relación de igualdade A = B, tal que A e B conteñen algunhas variables e A e B producen o mesmo valor independentemente dos valores (habitualmente números) polos que se substitúen as variables. Noutras palabras, A = B é unha identidade se A e B definen as mesmas funcións. Isto quere dicir que unha identidade é unha igualdade entre funcións definidas de xeito diferente. Por exemplo, (a + b)2 = a2 + 2ab + b2 and cos2(x) + sen2(x) = 1 son identidades. As identidades indícanse ás veces co símbolo ≡ en vez do signo igual (=).[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Identidade.