Político catalán From Wikipedia, the free encyclopedia
Ignacio Garriga Vaz de Concicao (ocasionalmente escrito como Conceição[1]), nado en Sant Cugat del Vallès o 4 de febreiro de 1987, é un odontólogo, profesor universitario e político catalán. En 2021, era o voceiro do comité executivo nacional de VOX. Foi deputado no Congreso dos Deputados por Barcelona na XIII e XIV lexislaturas.
Presentouse como candidato nas eleccións ao Parlamento catalán do 14 de febreiro de 2021.
É o menor de cinco irmáns (tres deles son irmáns por parte de pai)[nota 1][2]. Seus pais son Rafael Garriga Kuijpers que casou en segundas nupcias con Clotilde Vaz de Concicao Morlay (española de orixe ecuatoguineana). A nai de Ignacio, Clotilde, que era descendente dun pai portugués, naceu en febreiro de 1947 en Guinea Ecuatorial cando aínda era unha colonia española, polo que administrativamente naceu con nacionalidade.[2] Os pais de Clotilde tiñan un supermercado en Malabo, pero despois da morte de Pablo, o pai de Clotilde e o avó de Garriga, a súa nai Mercedes enviou a Clotilde e aos seus sete fillos a vivir a Barcelona.[3]
O pai de Ignacio Garriga, provén dunha familia estreitamente vencellada á política e que estivera relacionada con organizacións nacionalistas flamengas como Vlaams Economisch Verbond.[2]
Foi alumno de La Farga, un colexio vencellado ao Opus Dei,[4] despois licenciouse en odontoloxía e foi profesor da Facultade de Odontoloxía da Universidade Internacional de Catalunya, centro tamén relacionado co Opus,[4] e ten impartido charlas en lugares como o Club Empel de Barcelona sucesor do Casal Tramuntana, un punto de encontro de mozos de ideoloxía de extrema dereita en Barcelona.[2] Aínda que afirmou que a súa lingua materna era o catalán, considérase plenamente castelanfalante.[2][3]
En 2005, cando tiña 18 anos, afiliouse ao Partido Popular, pero o abandonou en 2010 por desacordos pola posición do partido en temas como o matrimonio homosexual, aborto, unidade española e inmigración.[5][6] Porén, os motivos da súa saída do Partido Popular tamén se debían a disputas coa entón dirección do partido por parte de Alicia Sánchez-Camacho e a un intento de golpe interno na sección local de Sant Cugat.[7]
Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2010, concorreu como número 18 por Barcelona na lista do novo partido de Montserrat Nebrera, Alternativa de Govern, cando esta abandonara ao Partido Popular, sen conseguir escano.[4]
Garriga uniuse a Vox en 2014 e ao ano seguinte xa era candidato á alcaldía de San Cugat.[5][6] Debido a ser o único político " mestizo " do partido, ás veces é descrito como o "negro Vox" ou o "home negro de Vox",[8][9] aínda que Garriga rexeita esta identificación.[10] A pesar da súa oposición á inmigración ilegal por parte do seu partido político, Garriga fixo comentarios en favor dos inmigrantes en España, xa que el mesmo se considera de orixe inmigrante,[3] aínda que tamén apoia a deportación obrigatoria de inmigrantes ilegais.[10] Ademais, Ignacio Garriga afirmou que Vox é un partido político humanista e cristián.[3] Aínda que se identifica "orgulloso" como catalán, Garriga está fortemente en contra do movemento independentista en Cataluña.[11]
Converteuse en membro das Cortes Xerais, na XIII lexislatura de España, despois de se presentar como cabeza de lista de Vox na provincia de Barcelona nas eleccións do 28 de abril de 2019.[12] Nas eleccións xerais de novembro de 2019, repetiu como cabeza de lista e volveu consegui-lo escano, formando parte da XIV lexislatura[13]. Foi nomeado polo seu partido como candidato á presidencia da Generalitat de Catalunya de cara ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021 .
Nas Eleccións ao Parlamento de Cataluña en febreiro de 2021, foi nomeado polo seu partido como candidato á presidencia da Generalitat conseguindo, Vox, un total de 11 escanos co que se converteu na cuarta forza do Parlamento catalán,[14] o que foi considerado un «sorpasso» sobre o Partido Popular e Cidadáns.[15][16][17]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.