Igrexa Santa-María-de-Sion
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Igrexa de Santa María de Sión (en amhárico: ርዕሰ አድባራት ቅድስተ ቅዱሳን ድንግል ማሪያም ፅዮን Re-ese Adbarat Kidiste Kidusan Dingel Maryam Ts’iyon) é unha célebre igrexa situada na cidade de Axum en Etiopía e un lugar de grande importancia para a Igrexa Etíope Tewahedo .
Datos rápidos País, Coordenadas ...
Igrexa Santa-María-de-Sion | |
---|---|
País | Etiopía |
Coordenadas | 14°07′49″N 38°43′10″L |
Estilo | Arquitetura neobizantina |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Este artigo amosa letras ge'ez. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Destruída e construída varias veces, a nova igrexa foi levantada polo emperador Haile Selassie en 1950. Nunha capela próxima gárdase a Arca da Alianza coidada por un monxe gardián que é a única persoa con licenza para ver a reliquia. Segundo o libro sagrado Kebra Negast, a Arca foi levada hai 3000 anos de Xerusalén a Etiopía polo rei Ménélik I, fillo do rei Salomón e da Raíña de Sabá.