Etiopía
país africano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Etiopía[1] (en amhárico: ኢትዮጵያ, ʾĪtyōṗṗyā, oficialmente República Democrática Federal de Etiopía) é un país situado na parte centroriental de África, no chamado Corno de África. Limita ao norte con Eritrea, ao leste con Djibuti e Somalia, ao sur con Kenya e ao oeste co Sudán e co Sudán do Sur. En 2017 tiña unha poboación estimada de máis de 94 millóns de habitantes[2], que o converten no segundo país máis poboado de África despois de Nixeria. É o décimo país africano en extensión con 1 104 300 quilómetros cadrados[3]. A súa capital é Adís Abeba, situada uns poucos quilómetros ao oeste do Rift de África Oriental que divide o país entre as placas nubia e somalí.
የኢትዮጵያ ፌዴራላዊ ዲሞክራሲያዊ ሪፐብሊክ (am) Federaalawaa Dimokraatawaa Repabliikii Itoophiyaa (om) ናይኢትዮጵያ ፌዴራላዊ ዴሞክራሲያዊ ሪፐብሊክ (ti) | |||||
Himno | Wodefit Gesgeshi Widd Innat Ityopp'ya | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Adís Abeba | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 104.957.438 (2017) (95,04 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua amhárica | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.104.300 km² | ||||
Punto máis alto | Ras Dashan (4.533 m) | ||||
Punto máis baixo | Depresión de Danakil (−125 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 21 de agosto de 1995: (Constituição da Etiópia (pt) ) | ||||
Santo padrón | Xurxo de Capadocia | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república federal | ||||
• Presidente | Sahle-Work Zewde (2018–) | ||||
Órgano executivo | Government of Ethiopia (en) | ||||
• Primeiro ministro | Abiy Ahmed (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Parlamentar Federal (pt) , | ||||
Membro de | Banco Africano de Desenvolvemento Operación Híbrida da Unión Africana e as Nacións Unidas en Darfur Carbon Neutrality Coalition (en) Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico Unión Africana Organización Mundial da Saúde Grupo para as observacións da Terra União Postal Universal (pt) (1908–) Unión Internacional de Telecomunicacións (1932–) ONU (1945–) Banco Internacional para Reconstrução e Desenvolvimento (pt) (1945–) Organización Meteorolóxica Mundial (1953–) UNESCO (1955–) Corporação Financeira Internacional (pt) (1956–) Interpol (1958–) Associação Internacional de Desenvolvimento (pt) (1961–) Organização Mundial das Alfândegas (pt) (1973–) Agência Multilateral de Garantia de Investimentos (pt) (1991–) Organização para a Proibição de Armas Químicas (pt) (1997–) | ||||
PIB nominal | 111.261.882.913 $ (2021) | ||||
Moeda | Birr etíope | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .et | ||||
Prefixo telefónico | +251 | ||||
Teléfono de emerxencia | 911, 907 (en) , 939 (en) e 991 | ||||
Código de país | ET | ||||
Este artigo amosa letras ge'ez. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Etiopía, e tamén Eritrea, usan o alfabeto ge'ez, un dos alfabetos máis antigos do mundo en uso[4]. O calendario etíope, que vai aproximadamente sete anos e tres meses por detrás do calendario gregoriano, coexiste desde hai tempo co calendario borana. A relixión maioritaria é o cristianismo, principalmente a igrexa etíope tewahedo. O histórico reino de Aksum foi un dos primeiros estados en adoptar oficialmente a relixión cristiá. Arredor dun terzo da poboación e musulmá, principalmente da rama sunnita. As relacións do país co islamismo remóntanse aos inicios deste, cando o reino de Aksum acolleu a algúns dos primeiros seguidores de Mahoma que fuxían das persecucións que estaban sufrindo na Meca. De feito a vila de Negash, que naquela época facía parte do reino de Aksum, é considerada como o primeiro asentamento musulmán en África[5]. Ata a década de 1980 houbo unha considerable poboación de xudeus etíopes, coñecidos como Beta Israel[6][7]. Etiopía é unha nación multilingüe con arredor de 80 grupos etnolingüísticos, dos que os máis numerosos son os oromo, os amháricos, os somalís e os tigriña. A maioría da xente fala linguas afroasiáticas das ramas cuxita ou semítica. Adicionalmente, minorías étnicas que habitan as rexións do sur, falan linguas omóticas. Linguas nilo-saharianas son faladas por minorías étnicas do pobo nilótico. A lingua oromo é a máis numerosa en falantes nativos, mentres que a amhárica é a máis populosa en número total de falantes e serve como lingua de traballo no goberno federal e como lingua franca do país. O ge'ez conserva a súa importancia como lingua litúrxica, tanto para a igrexa etíope tewahedo como para os xudeus de Bete Israel.
A nación é unha terra de contrastes naturais co seu vasto e fértil oeste, os seus bosques e numerosos ríos, e o sitio rexistrado máis quente do mundo en Dallol, no norte do país[8]. O Macizo etíope é o conxunto continuo de montañas máis extenso de África e as Covas de Sof Omar conteñen a cova máis longa do continente. Etiopía é tamén o país africano, xunto con Marrocos e Suráfrica, co maior número de sitios Patrimonio da Humanidade (9)[9]. Ademais, Etiopía é membro fundador da Organización das Nacións Unidas, da Organización para a Unidade Africana, do Movemento de Países non Aliñados , do Grupo dos 24 e do Grupo dos 77. Ademais a capital, Adís Abeba, é a sede da Unión Africana, da Comisión Económica para África das Nacións Unidas, da Forza Africana de Intervención Rápida, da Cámara Panafricana de Comercio e Industria, e de moitas ONGs que traballan en África. Desde 1961, cando comezou a guerra de independencia de Eritrea, ata o ano 2008, Etiopía sufriu varios conflitos armados con países limítrofes, tivo que sufocar insurreccións nalgunhas rexións e mesmo aturar unha guerra civil. Esta situación de estado de guerra continuo obstaculizou o progreso da súa economía, porén, durante os últimos anos o país foise recuperando e hoxe é a maior economía[10] e o país máis populoso de África Oriental.