Igrexa de San Francisco da Coruña
construción relixiosa na Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
A igrexa de San Francisco é un templo relixioso situado no Paseo das Pontes[1] da Coruña, área cruzada diagonalmente por un antigo acueduto. Orixinalmente estaba na Cidade Vella[2] e formaba parte do primitivo convento franciscano situado fóra das antigas murallas, nun outeiro elevado sobre as rochas, fronte ao mar. Esta localización fóra das murallas foi precisamente o motivo da súa destrución, xa que durante o cerco inglés da Coruña, no século XVI, foi incendiada para evitar que o inimigo se fortificase no convento.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Igrexa de San Francisco.
Datos rápidos Datos xerais, País ...
Igrexa de San Francisco da Coruña | |
---|---|
Fachada da igrexa. | |
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Igrexa parroquial |
Advocación | San Francisco de Asís |
Localización | A Coruña |
Coordenadas | 43°21′50″N 8°24′50″O |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Santiago de Compostela |
Arquitectura | |
Construción | Século XIV - século XV |
Estilo | Románico e gótico |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
As súas ruínas, cando inda estaban na localización orixinal, foron declaradas Monumento Nacional por Orde do 16 de marzo de 1939.