Illa Wellington
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa Wellington (coordenadas: 49°22′15″S 74°55′35″O) é unha das illas máis grandes do sur de Chile, situada fronte aos Campos de Xeo Sur, na provincia de Última Esperanza, XII Rexión de Magalláns e da Antártica Chilena. Ten unha superficie de 5.566 km², e a maior parte pertence ao Parque Nacional Bernardo O'Higgins. Está separada do continente polo canle Messier e da illa Nai de Deus pola canle Trindade.
Illa Wellington | |
---|---|
Vista da capital da illa | |
Localización da illa Wellington | |
Situación | |
País | Chile |
Rexión | Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena |
Provincia | Provincia de Última Esperanza |
Arquipélago | Arquipélago Campana |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 49°22′15″S 74°55′35″O |
Xeografía | |
Superficie | 5.555´7 km² |
Longura máxima | 157 km. |
Largura máxima | 78 km. |
Perímetro | 1.596´8 |
Punto máis alto | 1.463 m. |
Demografía | |
Capital | Puerto Edén |
Poboación | 340 (2017) |
Na illa Wellington habitan os últimos vestixios do pobo kawésqar (ou alacalufe), sobre todo na localidade de Porto Edén, o único poboado da illa.
A illa, do mesmo xeito que a capital de Nova Zelandia, recibiu o seu nome en honra de Arthur Wellesley, primeiro duque de Wellington, vencedor da Batalla de Waterloo. O nome orixinal de Wellington vén da poboación inglesa de Wellington, no condado de Somerset