Illa de Jura
From Wikipedia, the free encyclopedia
Jura (en gaélico escocés Diùra) é unha illa das Hébridas Interiores, en Escocia, contigua e ao nordés de Islay. A illa está recoñecida como National Scenic Area, que é un estatuto de conservación especial.
Jura | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | Craighouse |
País | Reino Unido |
Localización | Océano Atlántico |
Arquipélago | Hébridas |
Linguas | Inglés, gaélico escocés |
Poboación (2001) | 188 hab. |
Superficie | 366,92 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 56°5′N 5°45′O |
Maior Altura | 785 m. Beinn an Òir |
Localización | |
Cunha extensión de 366 km², e só arredor de 180 habitantes, ten unha densidade de poboación considerabelmente menor que a veciña Islay. O maior asentamento é a vila de Craighouse na costa leste. Craighouse é sede da única destilaría da illa, onde se fai o Whisky da illa de Jura. Na vila tamén está o único hotel, tenda e igrexa.
É estraño que unha vila do tamaño e a poboación de Jura, tan próxima ao territorio principal de Escocia, non conte cunha conexión directa por transbordador, aínda que en setembro de 2007 se iniciase un servizo de pasaxeiros a xeito de proba entre Craighouse e Tayvallich, no territorio principal. Porén, existe un pequeno transbordador para coches que opera a través do Estreito de Islay entre Port Askaig en Islay e Feolin Ferry en Jura. Desde Feolin Ferry unha estrada de carril único segue a liña costeira do sur e o leste da illa. Na punta sur da illa, a medio camiño entre Feolin e Craighouse, a estrada pasa por Jura House[1], cuxos xardíns, grazas ao seu aspecto sureño e resgardado, fan de fogar para exóticos espécimes de plantas procedentes de Australasia. Os xardíns están abertos ao público. Ao norte de Craighouse a estrada leva a Lagg, Tarbert, Ardlussa e alén. Un sendeiro privado vai desde a estrada até o extremo norte da illa.
A costa oeste de Jura non ten habitantes permanentes, mais acolle varias terrazas costeiras. Entre a punta norte de Jura e a illa de Scarba atópase o Golfo de Corryvreckan onde os remuíños fan que o paso sexa perigoso cando hai certos niveis na marea.
A illa ten unha grande poboación de cervos vermellos e é unha crenza xeneralizada que o nome de Jura provén de hjörtr, a palabra en Escandinavo antigo para "cervo". Os cervos evitan que a illa recupere a súa antiga paisaxe de fraga; de feito, antes dos cortes de árbores e a abundancia de cervos, críase que o nome da illa viña da "grande cantidade de tezos que crecían na illa";[2]