Illa de Santo Antón, A Coruña
illa situada no porto da cidade vella da Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa de Santo Antón (A Illa do Santo) ou illa da Pena Grande[1] é unha illa galega da Coruña, situada xusto no porto da cidade vella. Trátase dunha das estampas máis coñecidas da cidade herculina.
- Non confundir coa Illa de Santo Antón no municipio de Redondela.
Datos rápidos Situación, País ...
Illa de Santo Antón | |
---|---|
Illa do santo | |
Castelo de Santo Antón | |
Situación | |
País | Galiza |
Concello | A Coruña |
Provincia | Provincia da Coruña |
Mar | Océano Atlántico |
Xeografía | |
Superficie | 0´011 km² |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Pechar
A pesar do seu reducido tamaño (1,1 hectáreas), está enteiramente fortificada e unida por unha ponte, construída na década de 1940, á cidade.