Illas Aleutianas
cadea de illas volcánicas no norte do océano Pacífico / From Wikipedia, the free encyclopedia
As illas Aleutianas (posiblemente o nome vén da lingua chukchi aliat, illa) forman unha cadea de pequenas illas volcánicas que forman un arco situado no norte do océano Pacífico que se estende ao longo de 1 900 km dende o extremo da península de Alasca ata a península de Kamchatka.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Máis información Aleutianas, Localización ...
Aleutianas | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Localización | |||||
Datos | |||||
País | Estados Unidos (Estado de Alasca) Federación Rusa (Krai de Kamchatka) | ||||
Poboación (2000) | 8 162 habitantes | ||||
Superficie | 17 670 km² | ||||
Coordenadas | 52° N 174° O |
Pechar
Case todo o arquipélago forma parte do estado de Alasca, Estados Unidos, pero o extremo oeste pertence a Rusia.
Segundo o censo do ano 2000 as Aleutinas tiñan 8 162 habitantes, deles 4 282 concentrados na cidade de Unalaska.