Illas Sisargas
arquipélago en Cabana de Bergantiños / From Wikipedia, the free encyclopedia
As illas Sisargas son un arquipélago galego situado no océano Atlántico en fronte do cabo de Santo Hadrián, na chamada Costa da Morte. O arquipélago está formado pola illa Sisarga Grande –a maior das tres, que acolle un faro e un pequeno embarcadoiro–, a illa Sisarga Pequena –a máis próxima á costa– e a illa Malante –situada entre as dúas–. As illas pertencen ó concello de Malpica, na comarca de Bergantiños.
Datos rápidos Situación, País ...
Illas Sisargas | |
---|---|
Illas Sisargas. | |
Situación | |
País | Galicia |
Provincia | A Coruña |
Arquipélago | Illas Sisargas |
Mar | Atlántico |
Xeografía | |
Superficie | 0,8 km² |
Longura máxima | 1,6 km |
Largura máxima | 1,1 km |
Perímetro | 5,4 km |
Punto máis alto | 92 msnm, Sisarga Grande |
Distancia a terra | 0,75 km |
Demografía | |
Capital | Malpica de Bergantiños |
Poboación | 0 |
Densidade | 0 hab./km² |
Pechar