Illas Spratly
From Wikipedia, the free encyclopedia
As illas Spratly son un arquipélago do mar da China Meridional, localizado entre Filipinas e Vietnam. Consiste nun grupo de máis de 100 arrecifes e illotes, rodeados por ricos bancos de pesca e xacementos de gas natural e petróleo.
Reciben varios nomes en distintos idiomas:
- Kapuluan ng Kalayaan en filipino, literalmente 'Arquipélago da Liberdade';
- Nánshā Qúndǎo en pinyin, ou 南沙群岛 en chinés; literalmente 'Arquipélago das Areas do Sur';
- Spratly Islands en inglés.
- Trường Sa, en vietnamita literalmente 'Areas Longas';
Estas illas son coñecidas por ser un territorio en disputa entre varios países. A República Popular da China, Taiwán e Vietnam reclaman a totalidade do arquipélago, mentres que Malaisia e Filipinas reclaman unha parte. Estas cinco nacións ocuparon militarmente diversas illas como testemuño da súa soberanía na zona. Brunei tamén ocupou algúns arrecifes do sur do arquipélago, pero non fixo unha reclamación formal destes.[1]