![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/da/Greenland_1%252C_Harbour_of_Ilulissat.jpg/640px-Greenland_1%252C_Harbour_of_Ilulissat.jpg&w=640&q=50)
Ilulissat
vila de Groenlandia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ilulissat, antigamente Jakobshavn ou Jacobshaven,[1] é unha vila do concello de Avannaata, no oeste de Groenlandia. Cunha poboación de 4 737 habitantes en 2022, é a vila máis poboada e a capital municipal de Avannaata, así como a terceira cidade por número de habitantes de Groenlandia despois de Nuuk e Sisimiut.[2]
Datos rápidos Localización, Capital de ...
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Dinamarca | |||
País autónomo | Groenlandia | |||
Concello | Avannaata ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 4.737 (2022) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 11,25 km² ![]() | |||
Creación | 1741 ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 3952 ![]() | |||
Prefixo telefónico | 94 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Pechar
En tradución directa, Ilulissat é a palabra groenlandesa para "icebergs".[3] O fiorde de xeo de Ilulissat é Patrimonio da Humanidade pola UNESCO,[4] e fixo de Ilulissat o destino turístico máis popular de Groenlandia.[5] O turismo é agora a principal actividade económica da vila.