Iminoácido
From Wikipedia, the free encyclopedia
En química, un iminoácido é unha molécula que contén á vez un grupo funcional imino (>C=NH) e un grupo carboxilo (-C(=O)-OH).[1]
Os iminoácidos están relacionados cos aminoácidos, os cales conteñen un grupo amino (-NH2) e un grupo carboxilo (-COOH). Os iminoácidos e os aminoácidos difiren nos enlaces que ten o nitróxeno.
Os encimas aminoácido oxidases poden converter os aminoácidos en iminoácidos. Ademais, o precursor biosintético directo do aminoácido prolina é o iminoácido (S)-Δ1-pirrolina-5-carboxilato (P5C).