Imperio mogol
poderoso estado islámico do subcontinente indio / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Imperio mogol, Imperio mogol da India ou Gran mogol (en turco: Babür İmparatorluğu, en persa: شاهان مغول Shāhān-e Moġul; en urdú: مغل باد شاہ Mughal Baadshah) foi un estado poderoso túrquico islámico do subcontinente indio, que existiu entre os séculos XVI e XIX.[1] Abranguía no seu auxe a maioría dos territorios que actualmente corresponden á India, Paquistán e Bangladesh, chegando a posuír áreas de Afganistán, Nepal, Bután e o leste de Irán.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Delhi Lahore Agra - आगरा (1526–1540) Fatehpur Sikri (pt) (1571–1585) Old Delhi (en) (1648–1857) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 150.000.000 (1700) (37,5 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua persa Língua chagatai (pt) Lingua urdú | |||
Relixión | Din-e Ilahi (en) e Islam | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 4.000.000 km² | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 1526 | |||
Disolución | 1857 | |||
Sucedido por | Gondal State (en) | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía absoluta | |||
Moeda | Rupia | |||
O imperio mogol chamábase así porque os seus gobernantes eran descendentes do khan turco[2] Tamerlán.
Os inicios do imperio mogol remóntanse a un período de feble poder timúrida. Os uzbecos en 1507 practicamente aniquilaron os mogois timúridas na área que fora o centro do seu poder: a Transoxiana e o Khurasan. Perseguidas, as tropas mogoles retiráronse ao sur do Hindu Kush, e desde esta área ata o centro do actual Afganistán. Un dos descendentes de Tamerlán, chamado Zahir al-Din Muhammad, máis coñecido como Babar ou Babur, aproveitou a discordia existente no subcontinente indio para invadilo tempo despois.
En 1526, Babur derrotou o último dos sultáns de Delhi, Ibrahim Lodi, na batalla de Panipat.
O imperio foi virtualmente conquistado durante o reinado de Humayun polo líder afgán Sher Shah Suri quen estableceu a dinastía Suri, aínda que Humayun finalmente recuperou o poder. Máis tarde, con Akbar no poder, o imperio creceu considerablemente e continuou crecendo ata o final do reinado de Aurangzeb. Trala morte de Aurangzeb en 1707, o imperio comezou un lento pero imparable declive, aínda que mantivo o poder no subcontinente indio durante outros 150 anos. O Imperio Británico acabou co mogol en 1857.
Este Imperio mogol (que gobernou a India desde principios do século XVI ata mediados do século XIX) non debe confundirse co Imperio Mongol (que gobernou gran parte de Asia entre os séculos XIII e XIV).