Tamerlán
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tamerlán (adaptación occidental de Timur Lang), nado preto de Kesh (actual Uzbekistán) o 9 de abril de 1336 e finado en Otrar o 18 de febreiro de 1405, foi un emperador. Era parente afastado de Xenxis Kan, do que se consideraba o seu fillo espiritual. O seu nome Timur, significa "ferro" en turco-mongol (cf. mongol tömör e turco demir), e evoca o de Xenxis Kan, Temüdjin. Chamábaselle tamén Amir Timur (Emir de ferro). A segunda parte Lang quere dicir "coxo": «Timur o coxo» e procede do persa langidan [l a ŋ i d a n] - coxear.[1][2]
Tamerlán | |
---|---|
Emir | |
Representación de Tamerlán nunha ilustración da época. | |
Reinado | 1370–1405 |
Coroación | 1370, Balkh |
Nacemento | 1320s–1330s Kesh, Khanato de Chagatai (hoxe en Uzbekistán) |
Falecemento | 18 de febreiro de 1405 Otrar, Syr Darya (hoxe en Casaquistán) |
Sepultura | Gur-e-Amir, Samarcanda |
Predecesor | Amir Hussain |
Sucesor | Khalil Sultan |
Cónxuxe/s | Saray Mulk Khanum, Chulpan Mulk Agha, Aljaz Turkhan Agha, Tukal Khanum, Dil Shad Agha, Touman Agha e outra esposa máis |
Descendencia | Miran Shah Shahrukh Mirza |
Casa real | Barlas Timurid |
Proxenitores | Muhammad Taraghai Tekina Mohbegim |
Na rede | |
Foi emir de Transoxiana. Revelouse como un temíbel xefe guerreiro, que construíu un inmenso Imperio, que alicerzaba na forza e no terror. Tamén se mostrou, porén, como un protector das letras e das artes que farían a grandeza da súa capital Samarcanda. O seu Imperio no momento de máximo apoxeo comprendía desde o Sueste de Turquía ata cerca de Kashgar, na China, incluíndo países actuais como Siria, Iraq, Kuwait, Irán, ata Asia Central, abranguendo Casaquistán, Afganistán, Rusia, Turkmenistán, Uzbekistán, Kirguizistán, Paquistán, e a India.
Logo da súa morte o seu Imperio, gobernado polos seus descendentes (os Timúridas), foi tragado polas potencias veciñas ata o asalto final dos uzbekos da dinastía dos Chaybanides.[3]