Independentismo escocés
movemento político e social que defende a independencia de Escocia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O independentismo escocés (en escocés: Neo-eisimeileachd na h-Alba; en scots: Scots unthirldom)[1] é un movemento político en Escocia que defende que se converta nun estado soberano, independente do Reino Unido.[2][3][4][5]
Escocia foi un reino independente durante a Idade Media, e loitou guerras para manter a súa independencia respecto de Inglaterra. Os dous reinos uníronse por unión persoal en 1603 cando o escocés Xacobe VI de Escocia se converteu no rei Xacobe I de Inglaterra, e despois os dous reinos uníronse politicamente en 1707. As campañas políticas a prol do autogoberno escocés comezaron no século XIX, nun principio como unha maneira de goberno dentro do Reino Unido. Realizáronse dous referendos de devolución en 1979 e 1997, e o Parlamento escocés foi estabelecido o 1 de xullo de 1999.
O Partido Nacional Escocés a prol da independencia converteuse no partido gobernante no parlamento devolto en 2007, e conseguiu unha ampla maioría de escanos nas eleccións ao Parlamento de Escocia de 2011. Isto motivou un acordo entre os gobernos escocés e británico para a realización do referendo de independencia de Escocia de 2014. Os votantes foron preguntados: "Escocia debería ser un país independente?"[6] ó cal o 44,7% dos votantes responderon "Si" e un 55,3% responderon "Non", cun récord de participación do 85%.[7][8] Logo da saída do Reino Unido da Unión Europea, propúxose un segundo referendo de independencia.