From Wikipedia, the free encyclopedia
IndiGo é unha aeroliña de baixo custo india con sede en Gurgaon, no estado de Haryana. É a aeroliña máis grande do país en número de pasaxeiros transportados e tamaño de frota, co 40,9% do mercado doméstico en maio de 2018.[1] Tamén é a aeroliña low-cost individual máis grande de Asia en termos de frota de reactores e pasaxeiros, e a sétima aeroliña máis grande do continente cuns 46 millóns de pasaxeiros transportados en 2017. A compañía voa a 51 destinos, tanto domésticos como internacionais. Ten o seu centro de conexións principal no aeroporto Indira Gandhi de Delhi.[2]
IndiGo | ||
---|---|---|
IATA 6E | OACI IGO | Indicativo IFLY |
Fundación | 2006 | |
Inicio das operacións | 4 de agosto de 2006 | |
Frota | 169 | |
Destinos | 51 | |
Holding | Interglobe Aviation Ltd | |
Páxina web: https://www.goindigo.in |
A aeroliña fundouse en 2006 como unha compañía privada por Rahul Bhatia, de InterGlobe Enterprises, e Rakesh Gangwal, un expatriado indio baseado nos Estados Unidos. Recibiu o seu primeiro avión en xullo dese anos e comezou a operar un mes despois. A aeroliña converteuse na maior do país no ano 2012 e volveuse pública en novembro de 2015.[3]
En xuño de 2018 a frota de IndiGo estaba formada polos seguintes avións:[4]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros[5] | Notas |
---|---|---|---|---|
Airbus A320-200 | 125 | — | 180 | |
Airbus A320neo | 35 | 370 | 180 | |
186 | ||||
Airbus A321neoLR | — | 25 | TBA | Entregas a partir de 2019[6] |
ATR 72-600 | 9 | 42 | 74[7] | 20 serán entregados en decembro de 2018[8] |
Total | 167 | 437 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.