Industrial Light & Magic
From Wikipedia, the free encyclopedia
Industrial Light & Magic (ILM) é unha empresa estadounidense de efectos visuais cinematográficos que foi fundada o 26 de maio de 1975 por George Lucas.[1] É unha división da produtora cinematográfica Lucasfilm, que o propio Lucas fundou, e foi creada cando comezou a producir A guerra das galaxias orixinal,[2] agora o cuarto episodio da Saga Skywalker.
Datos rápidos & Magic, Na rede ...
Industrial Light & Magic | |
---|---|
Na rede | |
https://www.ilm.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
ILM orixinouse en Van Nuys, California, despois mudouse a San Rafael en 1978, e desde 2005 ten a súa sede no Letterman Digital Arts Center no Presidio de San Francisco. En 2012, The Walt Disney Company adquiriu ILM como parte da súa compra de Lucasfilm.[3]