Monarquía parlamentaria
forma de goberno / From Wikipedia, the free encyclopedia
A monarquía parlamentaria é un réxime de goberno dalgúns estados modernos, nos que convive a institución monárquica xuntamente cun sistema democrático. Normalmente, resérvase ao rei ou raíña o papel representativo propio dun xefe de Estado, pero non ostenta as funcións de goberno, que recae nos poderes do estado: poder lexislativo, poder executivo e poder xudicial.
Sistemas de goberno no Mundo |
---|
Presidencialismo pleno Presidencialismo con goberno vencellado ao Parlamento Semipresidencialismo Parlamentarismo Unipartidismo Monarquías constitucionais ou parlamentarias nas que o rei no posúe ningún poder efectivo Monarquías constitucionais ou parlamentarias nas que o rei exerce persoalmente o poder executivo en conxunto cun Parlamento débil. Monarquías absolutas
Suspensión das garantías constitucionais (exemplo Ditaduras militares). Países que non se axustan a ningún dos sistemas anteriores. Varios Estados decláranse constitucionalmente a si mesmos coma repúblicas multipartidistas, mentres que exteriormente se lles considera Estados autoritarios. Este mapa representa o sistema político de jure e non o grado de madurez democrática de facto. |
Na maioría das monarquías parlamentarias actuais a autonomía e poderes do monarca atópanse moi limitados e recortados, dándolle o poder ao Parlamento para tomar decisións en calquera momento que obriguen ao rei ó seu cumprimento. As excepcións a estas limitacións xeneralizadas son reminiscencias históricas que se manteñen por tradición nalgunhas das monarquías máis antigas, aínda que normalmente se refiren a temas de pouca transcendencia para a vida política do país. A toma efectiva de decisións mantense no Goberno e nas distintas cámaras de representación parlamentaria, que nunha monarquía parlamentaria considéranse coma os depositarios da soberanía popular.
Adoita ser común nunha monarquía parlamentaria que o monarca ostente privilexios en función do seu papel como máximo representante do país e xefe do estado. Estes privilexios adoitan referirse non só ao mantemento económico da familia real e a súa seguridade, senón tamén a cuestións de inmunidade xurídica ou outras, que por afectar a un dos principais órganos de representación do estado, atópanse normalmente regulados por unha Constitución ou norma similar de carácter fundamental no Dereito.