Inkscape
ferramenta de debuxo con gráficos vectoriais / From Wikipedia, the free encyclopedia
Inkscape é unha ferramenta de debuxo multiplataforma de código aberto para gráficos vectoriais SVG. Este programa xurdiu dunha bifurcación do proxecto Sodipodi.
Inkscape | |
---|---|
Exemplo dun gráfico creado con Inkscape. | |
Desenvolvedor(es) | Equipo Inkscape |
Última versión | 0.92.3 [1] (11 de marzo de 2018) |
Repositorio | gitlab |
Sistema operativo | Multiplataforma |
Lingua/s | Varias Galego: |
Tipo | Edición de gráficos vectoriais |
Licenza | GPL |
Sitio web | www.inkscape.org |
As características de SVG soportadas inclúen formas básicas, camiños, texto, canle alfa, transformacións, gradientes, edición de nodos, exportación de SVG a PNG, agrupación de elementos etc.
A principal motivación de Inkscape é proporcionar á comunidade unha ferramenta de código aberto de debuxo SVG que cumpra completamente cos estándares XML, SVG e CSS2.
Inkscape atópase desenvolto principalmente para Linux, pero é unha ferramenta multiplataforma que funciona en Microsoft Windows, Mac OS X, e outros sistemas operativos similares a Unix.
Inkscape ten un bo soporte multilingüe particularmente para scripts complexos e atópase distribuído baixo a Licenza Pública Xeral GNU, polo que é software libre e gratuíto.