Inositol fosfato
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os inositois fosfatos son un grupo de compostos organofosfatos formados polo polialcohol cíclico inositol que está fosforilado con dun a seis grupos fosfato. Algúns actúan por separado e outros forman parte doutras moléculas orgánicas, como é o caso dos fosfoinosítidos, nos que os inositois fosfatos forman parte da cabeza polar de fosfolípidos. Os inositois fosfatos exercen importantes funcións na célula, como intervir no crecemento, apoptose, migración celular, endocitose, e diferenciación celular. En concreto, o inositol trisfosfato actúa sobre o receptor do inositol trisfosfato, causando a liberación de calcio no citoplasma, o que é importante para a sinalización celular.[1] Os inositois tetra, penta, e hexafosfatos foron implicados no control da expresión xénica[2][3].
Este grupo de compostos comprende as seguintes especies químicas:
- inositol monofosfato (IP)
- inositol bisfosfato (IP2)
- inositol trisfosfato (IP3)
- inositol tetraquisfosfato (IP4)
- inositol pentaquisfosfato (IP5)
- inositol hexafosfato (IP6), tamén chamado ácido fítico (ou fitato cando é sal).