Instituto Galego de Estatística
organismo autónomo da Xunta de Galicia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Instituto Galego de Estatística (IGE) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1988 e que se rexe basicamente pola Lei 9/1988 de Estatística de Galicia.
Para a inmunoglobulina E véxase: IgE.
Datos rápidos Tipo, En ...
Instituto Galego de Estatística | |
---|---|
Tipo | axencia gobernamental |
En | Xunta de Galicia |
País | Galicia |
42°53′15″N 8°31′06″O | |
Na rede | |
https://www.ige.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Na súa misión de promover o desenvolvemento do sistema estatístico da Comunidade Autónoma presta servizos de recompilación e difusión da documentación estatística dispoñible, desenvolve bases de datos de interese público tales como referentes á poboación, nacementos, defuncións, densidade ou sobre aspectos económicos ou sociais, analiza as necesidades e a evolución da demanda de estatísticas e asegura a súa difusión.