Interacción biolóxica
From Wikipedia, the free encyclopedia
As interaccións biolóxicas son as relacións entre os organismos dunha comunidade biolóxica dentro dun ecosistema. Nun ecosistema non existen organismos totalmente illados da súa contorna. Estes son parte do medio ambiente, rico en elementos non vivos —materia inorgánica— e noutros organismos da mesma ou doutras especies, cos cales forman múltiples interaccións. As relacións entre as especies poden ser moi diversas, e varían dende unha especie que se alimenta doutra (predación), até a de ambas as especies vivindo nun beneficio mutuo (mutualismo).[1][2]