Interestatal 70
autoestrada interestatal dos Estados Unidos de América / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Interestatal 70 (abreviada I-70) é unha autoestrada interestatal de trazado este-oeste situada nos Estados Unidos cruza os estados de Utah, Colorado, Kansas, Missouri, Illinois, Indiana, Ohio, Virxinia Occidental, Pensilvania e Maryland. A autoestrada inicia no Oeste desde a Interestatal 15 preto de Cove Fort, Utah e finaliza na MD 122 en Baltimore, Maryland. A construción do I-70 en Colorado e Utah considérase unha marabilla da enxeñaría, a ruta pasa polo túnel Eisenhower , Glenwood Canyon , e o San Rafael Swell. O túnel Eisenhower é o punto máis alto ao longo do sistema de autoestrada interestatais, cunha altura de 11.158 pés (3.401 m).[2] A autoestrada ten unha lonxitude de 3497,33 km (2153.13 mi).[3]