From Wikipedia, the free encyclopedia
Intrácrino refírese ao modo de actuación das hormonas que se producen e funcionan dentro dunha célula, regulando eventos intracelulares. Isto significa que a célula se estimula a si mesma por medio da produción dun factor que actúa dentro da propia célula e non sobre receptores da superficie celular.[1][2][3]
Outras veces fálase de sinalización intrácrina cando, simplemente, a hormona actúa sobre receptores do interior da célula (non da superficie), independentemente da orixe da hormona, que podería proceder doutra célula.[1] As hormonas esteroides actúan sobre receptores intracelulares (principalmente nucleares) en zonas distantes do corpo, e por este motivo, poden ser consideradas intrácrinas. Non obstante, en certos casos, os esteroides sexuais producidos localmente exercen a súa acción na mesma célula que os produciu, o cal é unha actuación intrácrina sobre a propia célula.[4] As hormonas peptídicas ou proteicas en xeral actúan como endócrinas, autócrinas ou parácrinas ao unirse a receptores presentes na superficie da célula. Varias hormonas peptídicas/proteicas ou as súas isoformas tamén poden actuar dentro da célula por medio de mecanismos diferentes. Estas hormonas peptídicas/proteicas, que teñen funcións intracelulares, son tamén intrácrinas. O termo 'intrácrino' foi acuñado para referirse a hormonas peptídicas ou proteicas que tamén teñen accións intracelulares.[1][5][6]
Para comprendermos mellor a sinalización intrácrina, compararémola coa parácrina, autócrina e endócrina. Os sistemas autócrinos teñen receptores autócrinos na superficie celular aos que se unen as hormonas en cuestión, as cales foron segregadas pola propia célula. Nos sistemas parácrinos as células das proximidades producen hormonas que chegan á célula onde actúan e cambian o funcionamento de dita célula. Os sistemas endócrinos son aqueles nos que as hormonas producidas por unha células afectan a outras células que están en zonas do corpo moi afastadas da célula que produciu a hormona.
Os efectos producidos polas accións intracelulares denomínanse efectos intrácrinos, mentres que nos producidos ao unirse a receptores da superficie celular son endócrinos, autócrinos ou parácrinos, dependendo da orixe da hormona. Os efectos intrácrinos de certas hormonas peptídicas/proteicas son similares aos que esas mesmas hormonas producen de modo endócrino, autócdino ou parácrino; porén, estes tipos de efectos son diferentes noutras hormonas.
Exemplos de hormonas e factores peptídicos intrácrinos son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.