O 24 de febreiro de 2022, Rusia comezou unha invasión militar en Ucraína, un dos seus países veciños do suroeste. Os primeiros informes declararon esta invasión como a maior operación militar de guerra convencional en Europa dende a segunda guerra mundial.[30][31] Este suceso marcou un aumento na escalada da violencia na actual guerra ruso-ucraína, a cal comezou en febreiro de 2014.
| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A invasión estivo precedida por unha prolongada acumulación militar rusa dende principios de 2021 e polas demandas de Rusia para prohibir legalmente a Ucraína a unirse á OTAN.[32] Nos días anteriores á invasión, Rusia recoñeceu as autoproclamadas República Popular de Donetsk e da República Popular de Luhansk, e fixo entrar ás Forzas Armadas de Rusia na rexión de Donbás, no leste de Ucraína, o 21 de febreiro de 2022.
Sobre as 06:00 de Moscova (UTC+3), o presidente ruso Vladimir Putin anunciou unha operación militar no leste de Ucraína; minutos despois, comezaron os ataques con mísiles en lugares de todo o país, incluso na capital Kíiv. O Servizo de Fronteiras de Ucraína afirmou que os seus postos fronteirizos con Rusia e Belarús foron atacados.[33][34] Dúas horas máis tarde as forzas terrestres rusas entraron no país.[32] O presidente ucraíno Volodymyr Zelenskyi respondeu promulgando a lei marcial, interrompendo as relacións entre Rusia e Ucraína e anunciando a mobilización xeral da poboación. A invasión motivou que varios países condenasen o ataque e impuxesen severas sancións a Rusia,[35] e ademais producíronse mobilizacións en contra da guerra en Rusia que foron sufocadas con arrestos masivos.[36][37]
A República Popular de Donetsk e a República Popular de Luhansk son estados separatistas que declararon a súa independencia en maio de 2014, á vez que recibiron recoñecementos entre eles, o estado de facto de Osetia do Sur e Rusia (dende 2022).[2][3][4]
Algunhas forzas rusas invadiron o territorio belaruso[1]
Supostamente, dende Transnistria lanzáronse mísiles dirixidos a Ucraína.[5]
O Canadá enviou munición, armas lixeiras e outros equipos militares, así como instrutores militares; en xeral, o Canadá comprometeu 7,8 millóns de dólares en axuda letal e 620 millóns de dólares en préstamos financeiros e axuda militar non letal.[6][7][8][9]
A República Checa vendeu coches blindados e doou proxectís de artillaría.[10][11]
Estonia enviou un hospital de campaña (xunto con Alemaña) e armas (especificamente mísiles antitanque FGM-148 Javelin).[12][13][14]
Letonia entregou sistemas de defensa aérea FIM-92 Stinger.[15]
Lituania enviou munición, armas (incluíndo os sistemas de defensa aérea FIM-92 Stinger) e instrutores.[12][16][17][6]
Os Países Baixos fornecerán a Ucraína con rifles de francotirador, munición, cascos de combate, chalecos antiaéreos e radares.[18]
Polonia vendeu vehículos blindados de transporte de persoal,[19] ammunition[20] e enviou instrutores[6]
Turquía vendeu drons de combate (especificamente Bayraktar TB2s).[21]
O Reino Unido enviou munición, armas (especificamente NLAW mísiles guiados antitanque) e instrutores.[22][6]
Os Estados Unidos enviaron axuda financeira, municións, armas e instrutores.[23][6]
Alemaña enviou un hospital de campaña (xunto con Estonia)[14]
Italia enviou equipos de desminado[24]
Eslovaquia enviou equipos de desminado[25]
Suecia enviou instrutores[26]
Tras unha solicitude da Mecanismo de Protección Civil da UE, a UE está a enviar material médico, hospitais de campaña, xeradores e equipos CBRN.[27]
A oposición belarusa axuda a través da guerra informática.[28][29]
Referencias
"Общая информация". Official site of the head of the Lugansk People's Republic (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2018. 11 июня 2014 года Луганская Народная Республика обратилась к Российской Федерации, а также к 14 другим государствам, с просьбой о признании её независимости. К настоящему моменту независимость республики признана провозглашенной Донецкой Народной Республикой и частично признанным государством Южная Осетия.
Intellinews, bne (24 de febreiro de 2022). "Moldova tightens security after explosions heard close to Russia-backed Transnistria". bne Intellinews (en English). bne Intellinews. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2022. Residents of the Russia-backed separatist republic of Transnistria in eastern Moldova and towns in territory controlled by Chisinau reported hearing explosions earlier today. Social media was flooded with reports of loud blasts, which were initially thought to have been an attack from within Transnistria, where Russia has around 1,500 troops, on Ukraine. A video described as a rocket attack from Transnistria has been circulating on Twitter.
The military balance 2021. Abingdon, Oxon: International Institute for Strategic Studies. 2021. ISBN 978-1032012278.
"The Czech Republic is sending thousands of artillery shells to Ukraine". Czech Daily (en inglés). 27 de xaneiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2022. Consultado o 13 de febreiro de 2022. ... the (Czech) government decided to donate 4,000 artillery shells to Ukraine for about CZK 37 million. Minister Černochová described it as a gesture of solidarity. Defence Minister Jana Černochová (ODS), who proposed the donation to the cabinet, sees it as a significant act of solidarity. The Czech Republic wants to use the donation to strengthen Ukraine’s defense capabilities. The Czech Republic will send 4006 pieces of 152-millimeter artillery ammunition to Ukraine, worth CZK 36.6 million. It will be transferred through a donation agreement.
Tsvetkova, Maria; Vasovic, Aleksandar; Zinets, Natalia; Charlish, Alan; Grulovic, Fedja (27 de febreiro de 2022). "Putin puts nuclear 'deterrence' forces on alert". Reuters (en inglés). Writing by Robert Birsel and Frank Jack Daniel; Editing by William Mallard, Angus MacSwan and David Clarke (Kyiv: Thomson Corporation). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2022. Consultado o 27 de febreiro de 2022. [t]he biggest assault on a European state since World War Two.