Ironman
proba de tríatlon / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un Ironman é cada unha das carreiras de tríatlon de longa distancia organizadas pola World Triathlon Corporation (WTC), consistente nun tramo a nado de 3,86 km, 180,25 km en bicicleta e unha maratón (42,195 km a pé), nesa orde. Está considerado como un dos eventos deportivos máis duros do mundo.[1][2]
A maioría das probas de Ironman teñen un tempo limitado de 16 ou 17 horas para completar a carreira. A carreira normalmente comeza ás 7:00 am e a hora de corte para o sector de natación de 3,86 km son as 9:20 horas (2 horas e 20 minutos tras o inicio), a hora de corte da bicicleta son ás 17:30 horas (8 horas e 10 minutos o sector) e o límite da maratón é a medianoite. (6 horas 30 minutos). Calquera participante que logre completar o tríatlon neses tempos é designado un Ironman ("home de ferro").
O nome "Ironman" tamén está asociado ao tríatlon de Ironman orixinal, que agora é o Campionato Mundial de Ironman. Este campionato celébrase anualmente en Hawai, desde 1978. Orixinalmente tiña lugar en Oahu, pero trasladouse a Kailua-Kona en 1981, onde continúa na actualidade. O Campionato Mundial de Ironman fíxose coñecido pola súa longa duración, as duras condicións de carreira e a súa cobertura televisiva gañadora de 17 Premios Emmy.[3]
Existen outras carreiras coa mesma distancia que un tríatlon Ironman pero non son producidas, posuídas ou licenciadas pola World Triathlon Corporation. Entre estas carreiras inclúense o Challenge Roth e o tríatlon Norseman.