Isfahán
cidade de Irán / From Wikipedia, the free encyclopedia
Isfahán é unha cidade de Irán, capital da provincia homónima do centro occidental do país. Situada na meseta irania ao pé dos montes Zagros nun oasis irrigado polo río Zayandeh, é na actualidade un importante núcleo industrial, comercial, educativo e cultural que conta con 1 755 382 habitantes (2012) e unha área metropolitana de arredor de tres millóns.
اصفهان (fa) | |||||
Alcume | Manchester of Persia e نصف جهان | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Irán | ||||
Provincias | Provincia de Esfahan | ||||
Condado (pt) | Isfahan County (en) | ||||
District of Iran (en) | Central District (en) | ||||
Capital de | Provincia de Esfahan Isfahan County (en) Ziyarid dynasty (en) (931–935) Kakuyids (en) (1008–1051) Império Safávida (pt) (1598–1736) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.961.260 (2016) (3.971,61 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua persa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 493,82 km² | ||||
Bañado por | Rio Zayandeh (pt) | ||||
Altitude | 1.574 m | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Ali Qasemzadeh (en) (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Islamic City Council of Isfahan (en) , | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 811 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 031 e 0913 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | isfahan.ir |
De antigo poboamento (a mítica Aspadana citada por Tolomeo) semella unha fundación aqueménida coma residencia real de lecer que en tempos dos gregos seleúcidas se chamou Gabai, e foi unha sede militar fortificada na época sasánida (séculos III-VII) co nome de Jay. Un asentamento xudeu achegado, Yahoudiyeh na beira norte do Zayandeh, foi o verdadeiro xermolo da Isfahán musulmá, cando foi capital dos turcos selxúcidas (século XI) e dos persas safávidas (século XVII), acadando o cénit coma unha das maiores e máis cosmopolitas urbes do mundo, foco cultural e relixioso, creación do Sah Abbas I cun excepcional plan urbano de gran praza (Meidán), bazar, mesquitas, pazos, xardíns, grande avenida-bulevar, e pontes sobor do río.