
Barcelona
cidade capital de Cataluña / From Wikipedia, the free encyclopedia
Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]) é unha cidade situada no nordés da Península Ibérica, capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a segunda cidade maior de España. Situada á beira do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da "Cidade Condal" (Ciutat Comtal), por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.
Barcelona | |||
---|---|---|---|
| |||
Vistas da cidade. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | ![]() | ||
Comarca | Barcelonès | ||
Xeografía | |||
Altitude | 0 - 512 msnm | ||
Superficie | 102,15 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 1.620.809 hab. (2017) | ||
Densidade | 15.866,95 hab./km² | ||
Xentilicio | Barcelonés/sa | ||
Outros datos | |||
Código postal | 08.0XX | ||
Alcalde | Ada Colau (BComú) | ||
www.barcelona.cat |
Cunha poboación de 1.620.809 habitantes, é a segunda cidade máis poboada de España e da península tras Madrid,[1] e a undécima da Unión Europea. A súa área metropolitana, integrada por 36 concellos, ten unha poboación de 3.161.081 habitantes e unha superficie de 633 km². Esta área é a delimitación como núcleo urbano definida oficialmente, con todo a Rexión Urbana de Barcelona, que se estendería por todo a área de influencia da cidade, chega aos 4.928.852 habitantes cunha densidade de poboación de 1.496 hab/km².[2]
Foi escenario de diversos eventos mundiais, que contribuíron a configurar a cidade e darlle proxección internacional. Os máis relevantes foron a Exposición Universal de 1888, a Exposición Internacional de 1929, os Xogos Olímpicos de verán de 1992 e o Fórum Universal das Culturas 2004. É tamén sede do secretariado da Unión polo Mediterráneo.[3]
Actualmente é recoñecida como Cidade global pola súa importancia cultural, financeira, comercial e turística. Posúe un dos portos máis importantes do Mediterráneo e é tamén un importante punto de comunicacións entre España e Francia, debido ás conexións por autoestrada e tren de alta velocidade. O aeroporto de Barcelona-El Prat foi utilizado por máis de 44 millóns de pasaxeiros en 2016.[4]