It Happened One Night
filme de 1934 dirixido por Frank Capra / From Wikipedia, the free encyclopedia
It Happened One Night é un filme estadounidense dirixido e coproducido por Frank Capra, en colaboración de Harry Cohn. O argumento baséase na historia curta de 1933 "Night Bus", de Samuel Hopkins Adams. It Happened One Night foi o primeiro filme en gañar tódolos cinco grandes Oscars (mellor filme, director, actor, actriz e guión). En 1993, It Happened One Night foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América, por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".[4] No 2013, o filme tivo unha restauración extensiva.[5][6]
Datos rápidos It Happened One Night, Ficha técnica ...
It Happened One Night | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | It Happened One Night |
Director | Frank Capra |
Produtor | Frank Capra Harry Cohn |
Guión | Robert Riskin |
Baseado en | "Night Bus" de Samuel Hopkins Adams |
Intérpretes | Clark Gable Claudette Colbert |
Música | Howard Jackson Louis Silvers |
Fotografía | Joseph Walker |
Montaxe | Gene Havlick |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 22 de febreiro de 1934 |
Duración | 105 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Romance |
Orzamento | $325 000[2] |
Recadación | $2 500 000[3] |
Na rede | |
Pechar