líder indíxena achuar From Wikipedia, the free encyclopedia
Jaime Froilán Vargas Vargas, nado o 21 de xullo de 1979, é un líder indíxena achuar que é presidente da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (CONAIE), sendo elixido para o período 2017-2020.[1][2]
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Froilán Jaime Vargas Vargas 21 de xullo de 1979 (45 anos) Pastaza Canton (Ecuador) |
Presidente Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador | |
2017 – 2020 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Ecuador |
Grupo étnico | Pobo achuar |
Actividade | |
Ocupación | líder amerindio , contable |
Partido político | Pachakutik (–2021) |
Lingua | Lingua achuar e lingua castelá |
Familia | |
Pai | Ilario Vargas (en) |
Vargas naceu o 21 de xullo de 1979 na comunidade Achuar Kapahuari, Ecuador.[3] Estudou no Colexio Nacional 12 de maio de Puyo, onde obtivo o bacharelato en Ciencias de Comercio e Administración.
Formou parte do directorio administrativo financeiro na dirección Intercultural Bilingüe da Nacionalidade Achuar de Ecuador en 2004.[3]
En 2013 asumiu o cargo de presidente da Nacionalidade Achuar de Ecuador (NAE), até o 2015.[3][2] Asistiu á Corte Interamericana de Dereitos Humanos de 2013, en Washington, D.C. durante a presentación das demandas de violacións territoriais e dereitos colectivos. En 2015 obtivo un Diplomado en Xestión Pública en Macas. En 2015 asumiu a presidencia do Consello de Participación Cidadá e Control Social de Morona Santiago, até o 2017.
O 16 de setembro de 2017 foi elixido presidente da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (CONAIE), por unanimidade durante o Sexto Congreso celebrado en Zamora.[1] Durante a súa xestión, logrou que a educación intercultural bilingüe regrese á CONAIE.[2] Na súa presidencia, mantivo unha postura crítica ante o goberno do presidente Lenín Moreno quen está a favor de outorgar máis concesións mineiras e do extractivismo.
En 2019, liderou as protestas en Ecuador, xunto a Leónidas Iza, presidente do Movemento Indíxena e Campesiño de Cotopaxi, contra o presidente Lenín Moreno pola adopción de medidas económicas como eliminación do subsidio ó diésel e gasolina extra.[4][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.