Jarama Valley
From Wikipedia, the free encyclopedia
«Jarama Valley» (O val do Jarama) é unha canción da Guerra civil española. Ten a base na melodía de «Red River Valley» (O val do Río Vermello), canción folclórica dos EUA.
Trata sobre a batalla do Xarama, que se librou do 6 ao 27 de febreiro de 1937 preto do río Xarama, a poucos quilómetros ao leste de Madrid. As tropas do xeneral Francisco Franco, o exército colonial da África española experimentado e ben instruído, asaltaron as posicións dos voluntarios das Brigadas Internacionais, inexpertos e insuficientemente equipados, en particular o Batallón Británico e o Batallón Dimitrov.
A batalla, na práctica, rematou en empate, mais foi unha das máis cruentas da guerra. As baixas do bando sublevado foron entre 6 000 e 7 000, e entre 9 000 e 10 000 no bando republicano. O batallón británico perdeu 225 dos seus 600 membros, e o Batallón Lincoln perdeu 125 de 500.[1]