dúo musical irlandés From Wikipedia, the free encyclopedia
John Paul Henry Daniel Richard Grimes e Edward Peter Anthony Kevin Patrick Grimes, nados en Dublín, Irlanda o 16 de outubro, 1991, son un dúo irlandés de música pop. Son dous irmáns xemelgos que cantan baixo o nome de Jedward. En 2009 apareceron na sexta tempada de The X Factor (Reino Unido) cos seus nomes reais John & Edward gañando unha gran popularidade e quedando en sexto lugar.[1] Dende entón o seu mentor no concurso, Louis Walsh, é tamén o seu representante.[2] Jedward lanzaron tres álbums de estudio: Planet Jedward, Victory e Young Love. Planet Jedward e Victory alcanzaron o dobre disco de platino en Irlanda mentres que Young Love foi disco de ouro.[3][4][5] Tamén lanzaron nove sinxelos, incluíndo "Under Pressure (Ice Ice Baby)" (mash-up de Under Pressure de Queen e a canción Ice Ice baby de Vanilla Ice), "Lipstick", a canción coa que representaron a Irlanda no Festival da Canción de Eurovisión 2011, e "Waterline", coa que representaron en Eurovisión ó seu país en 2012.
Jedward | |
---|---|
Orixe | Dublín, Irlanda |
Período | 2009 - presente |
Xénero(s) | Pop-rock |
Selo(s) discográfico(s) | Sony Music Universal Music Ireland |
Membros | John Grimes Edward Grimes |
Na rede | |
Páxina oficial | |
Jedward tamén son coñecidos polo seu traballo en televisión, incluíndo os seus traballos de presentadores dos programas infantís Jedward's Big Adventure de ITV2 e OMG! Jedward's Dream Factory de RTE.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.