Johann Elert Bode, nado en Hamburgo o 19 de xaneiro de 1747 e finado en Berlín o 23 de novembro de 1826, foi un astrónomo alemán.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

Traxectoria

A pesar de ser un grande observacionista, a súa carreira viuse inmersa nunha interminable serie de polémicas pola precedencia dos seus descubrimentos. En 1768 publicou o libro Anleitung zur Kenntniß des gestirnten Himmels, na segunda edición, de 1772, nunha nota a pé de páxina incluíu unha lei empírica sobre distancias planetarias formulada por Johann Daniel Titius[1], que hoxe se coñece como Lei de Titius-Bode.

Foi tamén un gran descubridor e catalogador de obxectos do espazo profundo, como nebulosas e cúmulos globulares. Descubriu as galaxias M81 e M82 en 1774 e a M54 ao ano seguinte. A lista dos obxectos atopados por primeira vez por Bode é moi ampla e entre elas atópanse o cúmulo globular M92, a galaxia M64, os cúmulos abertos M48 e IC 4665 e o cometa C1779A1Bode.

Dende 1787 ata 1825 Bode foi o director do Astronomisches Rechen-Institut. En 1794 foi elixido membro estranxeiro da Real Academia Sueca das Ciencias (Kungliga Vetenskapsakademien). En abril de 1789 sería elixido membro da Royal Society.

Bode morreu en Berlín o 23 de novembro de 1826 aos 79 anos de idade.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.