Joint venture
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha joint venture (JV) ou empresa conxunta é un tipo de empresa na cal as partes acordan desenvolver, por un tempo limitado, unha nova entidade e uns novos activos mediante a achega de accións. Estas exercen control sobre a empresa e por consecuencia comparten ingresos, custos e activos. Existen outros tipos de empresas semellantes como son as JV limitadas por garantía e as JV limitadas por garantía con socios titulares de accións.
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
No Dereito da Unión Europea, o termo joint venture (ou joint undertaking) é un concepto xurídico impreciso, mellor definido segundo as regras do Dereito de Sociedades. En galego, joint venture denomínase Empresa Conxunta; en Francia ten diversas traducións: association d’entreprises, entreprise conjointe, coentreprise ou entreprise commune; e en Alemaña, joint venture tradúcese por «unha mestura de empresas» (Konzern).
Cando dúas ou máis persoas forman unha sociedade mercantil personalista temporal coa intención de realizar un proxecto particular, dita sociedade pode chamarse joint venture, cuxas partes son coventurers.
A empresa pode ter como obxectivo unha relación comercial continua ou un proxecto único e específico, en cuxo caso a JV recibe o nome de consorcio, (como a construción do Eurotúnel). O consorcio JV (tamén denominado acordo de cooperación) fórmase cando unha das partes busca experiencia tecnolóxica ou acordos de servizos técnicos, contratos de franquía ou de uso de marca, contratos de xestión, contratos de arrendamento ou contratos ocasionais. Cando se consegue o obxectivo a JV disólvese.
Dow Corning, Miller Coors, Sony Ericsson, Penske Truck Leasing, Norampac e Owens-Corning son exemplos de grandes joint ventures.
Unha joint venture créase cando dúas das partes se reúnen para emprender un proxecto. Ambas as partes invisten cartos, tempo e esforzo de igual maneira no proxecto. Aínda que as joint ventures en xeral son proxectos pequenos, as grandes empresas empregan este método para diversificarse. Este tipo de empresa pode asegurar o éxito dos pequenos proxectos tanto para aqueles que están comezando no mundo empresarial como para sociedades xa establecidas. Como o custo de comezar novos proxectos adoita ser alto, a joint venture permite a ambas as partes compartir as responsabilidades do proxecto, así como os beneficios resultantes.
Dado que unha joint venture implica un investimento de cartos, é preciso dispor dun plan estratéxico. En resumo, ambas as partes deben comprometerse a centrarse no futuro da sociedade, no canto de só en obter beneficios. Basicamente, resulta tan importante acadar éxito a longo prazo como facelo a curto prazo. Co fin de acadar este éxito son necesarias a honestidade, a integridade e a comunicación.