Ingresou na ferroviaria Compañía del Norte e foi Xefe de Sección Comercial de RENFE. Foi folclorista e musicólogo. Colaborou en El Progreso, asinando os seus artigos como Xan da Fouce.
Viaxe perdido, 1949. Teatro, monólogo.
Diccionario galego da rima e galego-castelán, 1950. O primeiro dicionario específico galego.[8] Publicado en 2013 en facsímile por Edicións do Cerne.
La tragedia de un empleo, 1954. Ensaio ferroviario.
Chacuecadas, 1961. Contén 4 pezas: Morto e vivo (monólogo), Catro ladrós honrados (comedia en dous actos), Badaladas (comedia nun acto estreada en 1949) e O velorio (comedia en dous actos).[12]
Andrómenas, 1961. Contén 5 pezas: A birisca (sainete nun acto), Lucifer (monólogo), O esmoleiro (sainete lírico en dous actos), Estudante fracasado (monólogo) e O cabo Catuxo (monólogo).[12]