Manuel Lourenzo

actor, dramaturgo, director teatral e tradutor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Manuel Lourenzo
Remove ads

Manuel María Lourenzo Pérez, nado en Ferreira do Valadouro o 15 de abril de 1943,[1] e finado na Coruña o 10 de agosto de 2025,[2] foi un actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, tradutor galego, e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.

Este artigo trata sobre o actor e autor teatral, para o narrador galego véxase Manuel Lourenzo González.
Remove ads

Traxectoria

Manuel Lourenzo cursou estudos de Maxisterio, é Licenciado en Interpretación polo Institut del Teatre de Barcelona.[1] Entre 1962 e 1964, viviu en Alemaña. Volta a Galiza e, en 1965, crea na cidade da Coruña (xunto con Francisco Pillado Mayor) o Grupo de teatro O Facho, grupo ligado á Agrupación Cultural O Facho e que marca, a xuízo de autores como Laura Tato ou Manuel F. Vieites, o inicio do teatro independente en Galicia. En 1967 funda o Grupo de Teatro Circo, de vital importancia dentro da historia do teatro galego, activo até 1976. Co Teatro Circo acudirá ás Xornadas de Teatro de Pontevedra de 1971 e mais ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), citas de necesaria referencia dentro do contexto do Teatro Independente. En 1978 funda, de novo xunto a Francisco Pillado, a Escola Dramática Galega, e codirixe con este autor os Cadernos da Escola Dramática Galega, os cales viron nacer ao seu abeiro personalidades do noso teatro como Xesús Pisón, Miguel Anxo Fernán-Vello ou Henrique Rabunhal.[3]

En 1979 publica, igualmente en coautoría con Pillado Mayor, a monografía O teatro galego,[4] libro pioneiro e aínda de referencia aínda hoxe en día dentro do ámbito do estudo da dramática.

Colaborador na prensa diaria e en revistas especializadas de teatro: Primer Acto, Yorick, Antzerti, Escena, CasaHamlet etc.[5]

Por outra parte, en 1980 crea a Compañía Teatral Luís Seoane e, en 1981, recibe con Pillado un premio outorgado pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, outorgado a raíz dun traballo sobre o teatro de Luís Seoane. Tamén en 1981, e tamén con Francisco Pillado Mayor, funda a editorial Castrodouro.

No ano 1990 crea o Clube de Teatro Elsinor, en 1995 saca á luz (tamén con Pillado Mayor) a colección Cadernos de Teatro.

En 1997 recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática, por Veladas indecentes.[6]

No ano 1998, xunto con Santiago Fernández, crea a escola teatral Casahamlet.[7]

No 2007 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. No 2017 foi recoñecido como Profesor Honoris Causa pola ESAD de Galicia.[8]

En decembro de 2021 a Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura ofreceulle a homenaxe A vida nunha cesta. Un agasallo para Manuel Lourenzo.[9]

O 14 de xuño de 2022, foi o protagonista dun acto no que se lembrou a súa traxectoria e viron a luz as súas Obras Completas, evento organizado pola Fundación Galiza Cultura e a A.C. O Galo.[10]

Un dos máis experimentados actores de teatro de Galicia, é ademais profesor de interpretación e actor de dobraxe. Ten colaborado en vídeo, cine e televisión, como en 1977 Quelques fleurs de saintété, de Jean-Pierre Jeanneson e a de 1988 Del Miño al Bidasoa de José Briz.[11]

Remove ads

Obra

Obra de creación

Autor de aproximadamente 150 obras dramáticas, o seu teatro volta aos temas da traxedia grega para denunciar situacións históricas (como o franquismo, a Transición...). Laura Tato Fontaíña destaca o seu interese polas figuras femininas que cumpren o rol da femme fatale e polas pezas de mulleres apaixonadas, no medio dunha mestura entre nostalxia, humor e fantasía. Concibiu tamén obras dramáticas nas que se ironiza con aspectos teóricos da dramática.

Algunhas das súas obras máis destacadas son:

  • Tres irmáns parvas (1969). Represanado polo Teatro Circo de Artesáns en 1970.[12]
  • Crónica do sol de inverno (1971). En: Primer Acto, Núm.137, outubro, 1971, p. 36-51
  • Erros e ferros de Pedro Madruga (1972). Representada por "Teatro Circo de Artesáns" en 1972.[13]
  • Romería ás Covas do Demo (1975). Pico Sacro. 70 páxs. ISBN 9788485170050.[14]
  • Viaxe ao país de ningures (1977). Vigo: Galaxia. Cuberta e ilustración de Luís Seoane. 71 páxs.
  • Todos os fillos de Galahad (1978).
  • As criadas (1980). (Obra de Jean Genet, representada pola Compañía Luís Seoane en 1980, baixo a dirección de Manuel Lourenzo).
  • Últimas fasquías de setembro (espectáculo). Na Casa Hamlet.
  • Edén e outros paraísos (1981). Castrodouro, Gráficas coruñesas.
  • Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca (1981). Sada: Ediciós do Castro.[15] 150 páxs. ISBN 9788474920741.
  • Fedra (1982). Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • A noite dourada de Mimí da Cora (1982). Compañía Luís Seoane.[16]
  • O segredo da Illa Troneira (1986). Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • Defensa de Helena (1987). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 978-8486021641.
  • Unha man de vento contra o mar (1989). Caixa Galicia.
  • Agamenón en Áulide (1991). Teatro do Atlántico.
  • Forno de teatro fantástico (1991). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 9788474925456.
  • Xoana (1991). Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • Teatro mínimo (1992). Elsinor Teatro. Inclúe as pezas "Laura" (1988), "A paixón de Brenda Moore" (1988-1992), "Mário e Manfredo" (1987), "Como un susurro" (1985), "A canción do deserto" (1990), "O binóculo" (1988) e "Aquela rúa" (1991).
  • Electra (1994). Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • O xardín dos contos (1994). Asociación Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós.
  • A lexión sonámbula (1995). A Coruña: Hércules.
  • O perfil do crepúsculo (1995). Cadernos de Teatro.
  • A sensación de Camelot (1995). AS-PG.
  • Magnetismo (1996). Deputación da Coruña.
  • Veladas indecentes (1996). Santiago: Laiovento. Foi traducida ao español.[17]
  • O circo da medianoite (1997). AS-PG/A Nosa Terra.
  • Lionel. O Malestar do Benestar (1998). En Casa Hamlet.[18]
  • Últimas faíscas de setembro (2000). Deputación da Coruña.
  • A larva furiosa. Adeus, Madelón (2003). Culleredo: Espiral Maior. 136 páxs. ISBN 9788495625649.
  • Insomnes (2004). Deputación da Coruña.
  • Camiñar polo arame cunha lata de cervexa (2005). Santiago: Laiovento. 20 páxs. ISBN 978-84‐8487‐074‐6.
  • Nocturnos (2005). Santiago: Laiovento. 132 páxs. ISBN 978-84-8487-068-5.[19]
  • Eclipses (2006). Santiago: Laiovento. 180 páxs. ISBN 978-84-8487-094-4.[20]
  • Illa: contos troianos (2006). Silleda: Fervenza. Ilustradora: Rosa Herraiz Cabanas. 22 páxs. ISBN 84-96368-40-8.
  • Contos troianos (2007). Deputación da Coruña.
  • Eléctricas (2007). Santiago: Laiovento. 168 páxs. ISBN 978-84-8487‐131‐6.
  • As horas baixas (2008). Santiago: Laiovento. 122 páxs. ISBN 978-84-8487-147-7.
  • Concerto (2009). Santiago: Laiovento. 144 páxs. ISBN 978-84-8487‐176‐7.[21]
  • As dunas (2009). Centro Dramático Galego. Dirixida por Quico Cadaval. Versión de Romaría ás covas do demo.
  • Medea dos fuxidos e outras pezas (2009). Biblos Clube. ISBN 978-84-937323-3-2.
  • Flores de Dunsinane (2010). Vigo: Xerais. 48 páxs. ISBN 978-84-9914-141-1.
  • Teatro circo: tres textos (2010). Deputación da Coruña.
  • Tres versións (2010). Santiago: Laiovento. 110 páxs. ISBN 978-84-8487-197-2.[22]
  • Aquelas cousas do verán (2011). Artes e Ideas Difusora de Letras. 62 páxs. ISBN 9788492958092.
  • Novo teatro fantástico (2012). Santiago: Laiovento. 152 páxs. ISBN 978-84-8487-228-3.[23]
  • Nunca paraíso. Teatro breve (1973-2015) (2016) Vigo: Xerais. 360 páxs. ISBN 978-84-9121-113-6.[24]
  • Suite Artabria (2017). Vigo: Xerais. 128 páxs. ISBN 978-84-9121-252-2.[25]

Obra completa

Os catro volumes editados por Galiza Cultura recollen preto de 50 anos da produción teatral. O primeiro volume abrangue a dramaturxia comprendida entre 1960 e 1982, o segundo vai de 1983 até 1996, o terceiro de 1997 ata 2006, e o cuarto de 2007 até 2009.[26]

Obra ensaística

Manuel Lourenzo é tamén autor de libros e artigos teóricos sobre o teatro galego. Os máis destacábeis son:

  • Tacholas (1975). Sada: Ediciós do Castro).
  • O teatro infantil galego (1978). Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • Mensaxe do Día Universal do Teatro (1992). Instituto Galego da Información.
  • Pensar co corpo (2001). Deputación da Coruña.

Poesía

  • Santuário (1983). Concello de Vigo.

Narrativa

  • O hóspede escandinavo (2010). Culleredo: Espiral Maior. 62 páxs. ISBN 9788492646074. 61 relatos curtos.

Traducións

  • A Maravillosa história de Marly, a vampira de Vila de Cruces (fotonovela nun acto), de Carlos Queiroz Telles (1988).

Literatura infanto-xuvenil

  • Teatro para nenos (1982). Sada: Ediciós do Castro).

Obra escrita con Francisco Pillado Mayor.

  • A compañía galega Maruxa Villanueva (1979). Cadernos da Escola Dramática galega.
  • O teatro galego (1979). Sada: Ediciós do Castro
  • Antoloxía do teatro galego (1982). Sada: Ediciós do Castro.
  • Dicionario do teatro galego (1987). Santiago: Sotelo Blanco.
  • Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro (2006). Deputación da Coruña.

Obras colectivas

  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986). Concello de Lugo.
  • Monólogos (1987). Santiago: Sotelo Blanco.
  • Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989) (1990). Sada: Ediciós do Castro.
  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade (1990). Guitiriz: Asociación Cultural Xermolos.
  • O camiño das estrelas (1993). Elsinor Teatro.
  • O xardín dos contos (1994). Mostra de Teatro Infantil Galego Xeración Nós.
  • O Canto de Vilavella (1996). Xunta de Galicia.
  • Contos do Valadouro (1998). A Nosa Terra.
  • Liñas para lelas (1998). RENFE/Grándola Nova Edicións.
  • Arqueoloxía do Valadouro. Prehistoria (2010). Deputación de Lugo.
  • Cociñando ao pé da letra (2011). Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (2012). Deputación da Coruña.
  • Banqueiros (2012). Santiago: Laiovento.
Remove ads

Actor

Premios

Durante a súa carreira, Manuel Lourenzo colleitou numerosos premios literarios e teatrais. Estes son:

  • Concurso Breogán de Contos en Lingua Galega (1971, 1972, 1975).
  • 3º Premio de Contos dos IV Jogos Florais Minho-Galaicos. Convívio de Guimarães no 1973, por O retorno do cabo de vela.
  • Concurso-Premio de Teatro Infantil O Facho (1975, 1979, 1981, 1986, 1988).
  • Premio Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (1977, 1981).
  • Premio Abrente (1978)/ Mención de honra no Premio Abrente (1974 e 1980).
  • Premio de Poesía Cidade da Coruña (1980).
  • Premio Nacional do Disco (1981).
  • Premio Celso Emilio Ferreiro de Poesía do Concello de Vigo (1982), por Santuário.
  • Premio Artur Carbonell (1983).
  • Festival Internacional de Teatro de Ribadavia (1984, mellor dirección).
  • Premio da Sociedade Filantrópico-Dramática de Ribadeo (1984).
  • Premio Concello de Xove (1984), por O segredo da Illa Troneira.
  • Premio Teatro de Cámara Ditea (1985), por Defensa de Helena.
  • Festival de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (1986, 1990).
  • Certame Galego de Teatro Xuventude (1991)/Segundo Premio en 1996).
  • Premio de Narrativa Pub Combo (1992).
  • Premio Xeración Nós de Ferrol (1993).
  • Finalista do Concurso de Obras Teatrais Inéditas "No Camiño" (1993)/ Accesit en 1994.
  • Premio de teatro Rafael Dieste (1996, por Magnetismo e 1999, por Últimas faíscas de setembro).
  • Premio Nacional de Literatura Dramática (1997), por Veladas indecentes.[27]
  • Pedrón de Ouro (2001).
  • Premio Maruxa Villanueva (2004).
  • Premio Nacional de Artes escénicas (2008).
  • Premio Álvaro Cunqueiro por Flores de Dunsinane (2009).[28]
  • Premio Abrente de Textos Teatrais no 2010, por Aquelas cousas do verán.
  • Premio Otero Pedrayo das Deputacións galegas e a Xunta de Galicia, 2011.[29]
  • Premio de teatro da AELG, 2011, por Flores de Dunsinane.
  • Premio Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) á Animación Teatral en 2016.
  • XXIII Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, 2016, por Suite Artabria.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de teatro de 2017, por Suite Artabria.
  • En 2018 o FIOT premia a traxectoria de 50 anos de Manuel Lourenzo.[30]
  • Cunqueiriano de honra en Mondoñedo, 2023.[31]
  • Premio da Cultura Galega 2024.[32]
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads