mariño e cartógrafo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Varela y Ulloa, nado en Vilareda (Palas de Rei) o 7 de xullo de 1739 e finado na Habana (Cuba) o 23 de xullo de 1794, foi un mariño e cartógrafo galego. O seu papel máis importante foi a fixación das novas posesións españolas no golfo de Guinea e no Uruguai.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1739 Vilareda, España |
Morte | 23 de xullo de 1794 (55 anos) A Habana |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | explorador , cartógrafo , navegante |
Membro de | Academia francesa das ciencias (1775–) |
Lingua | Lingua castelá |
Varela y Ulloa ingresou na Escola de Gardas-mariñas de Cádiz. Obtida a graduación de tenente de navío, embarcou en 1773, so mando do tamén galego, Juan de Lángara. O 1 de xaneiro do 1774 o navío parti para determinar as coordenadas da illa de Trinidad, no mar das Antillas. No seguinte ano, ascendido a capitán de fragata, so mando do francés La-Borda, determinou diversos puntos da costa occidental africana, auxiliando ademais a La-Borda na medición do pico do Teide e cartografando as Illas Canarias.
Conforme ao Tratado de San Ildefonso (1777), España conserva a Colonia do Sacramento, no actual Uruguai, e recibe de Portugal, no golfo de Guinea, as illas de Fernando Poo e Annobón. Varela y Ulloa acudiu a tomar posesión das illas africanas, so mando xeral do Conde de Argelejo, en expedición que partiu desde Buenos Aires. A toma de posesión foi difícil, falecendo o comandante da expedición.
En 1781 Varela y Ulloa foi comisionado como xefe da expedición que delimitaría os lindes entre as posesións españolas e portuguesas na Colonia de Sacramento. O grupo non arribou a Montevideo ata 1785.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.