Academia de Ciencias de Francia

institución científica francesa From Wikipedia, the free encyclopedia

Academia de Ciencias de Franciamap
Remove ads

A Academia de Ciencias de Francia (en francés, Académie des sciences) é a institución francesa que: «Anima e protexe o espírito da investigación, e contribúe ao progreso das ciencias e as súas aplicacións».

Datos rápidos Instancia de, Parte de ...

Creada en 1666, durante o reinado de [Lois XIV baixo o patrocinio do seu primeiro ministro Jean-Baptiste Colbert, contou inicialmente con científicos como René Descartes, considerado o pai da filosofía, Blaise Pascal e Pierre de Fermat.

Trátase dunha das cinco academias francesas que constitúen o actual Instituto de Francia.

Foi a primeira institución que adoptou e sistema métrico decimal como sistema universal.

Remove ads

Historia

Thumb
Luis XIV na Academia en 1671.
A Academia de Ciencias debe a súa orixe ao proxecto de Colbert de crear unha academia xeral. Inscríbese igualmente na liña de diversos círculos de sabios que se reúnen no el século XVII, ao redor dun mecenas ou dunha personalidade erudita. Colbert elixe un pequeno grupo de sabios que se congregan o 22 de decembro de 1666 na biblioteca do rei, e alí teñen sesións de traballo. Os trinta primeiros anos de existencia da Academia foron relativamente informais, a nova institución non recibira estatus.[1]
Páxina oficial da Academia

O 20 de abril de 1699, Lois XIV dá á Academia Real de Ciencias o seu primeiro regulamento: composta nun principio por 70 membros, a Academia recibe o título de real e instálase no Louvre.

Durante o século XVIII contribúe ao movemento científico do seu tempo por medio das súas publicacións, e xoga un rol de asesor para o poder. O 8 de agosto de 1793, a Convención Nacional suprime todas as academias. Dous anos máis tarde, o 22 de agosto de 1795, foi creado no seu lugar un "Instituto Nacional de Ciencias e Artes" reagrupando as antigas academias científicas, literarias e artísticas. A primeira clase do "Instituto de Ciencias Físicas e Matemáticas" foi a máis numerosa, con 66 membros de 144.

En 1816, a Academia de Ciencias recupera a súa autonomía participando no Instituto de Francia. O xefe do Estado é o seu protector.

En 1835, baixo a influencia de François Arago, foron creadas as «Actas da Academia de Ciencias», que volve a ser un instrumento de primeira importancia para a difusión de traballos de científicos franceses e estranexiros.

Remove ads

Membros distinguidos

Algúns dos membros máis distinguidos desta institución foron: Pierre Simon Laplace, Henri Léon Lebesgue, Joseph Fourier, Simeon Poisson, Jean-Victor Poncelet, Henri Poincaré, Charles Hermite, Émile Borel, Alfred Grandidier, Frederick Sanger, Pedro Vicente Maldonado, Antoine Lavoisier, Louis Pasteur.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads