político e mestre galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Juan Vilasánchez Pazos, nado en Redes (Ares) o 8 de abril de 1950, é un político e mestre galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Juan Vilasánchez Pazos 8 de abril de 1950 (74 anos) Redes, España |
Alcalde de Ares | |
1991 – 1999 ← Manuel Rodríguez Doval | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , mestre |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Mestre de EXB especializado en filoloxía hispánica, exerceu no colexio Conde de Fenosa de Ares[1]. Foi presidente de Club de Tenis de Redes[2]. Nas eleccións municipais de 1991 foi candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Ares e foi elixido grazas ó apoio do BNG, gobernando en minoría. Nas municipais de 1995 foi reelixido alcalde mediante un pacto de goberno co BNG. Perdeu a alcaldía nas municipais de 1999 en favor do PPdeG, que logrou a maioría absoluta, permanecendo como portavoz socialista ata a fin do mandato. Volveu á política como número 3 do PSdeG nas municipais de 2007, nas cales os socialistas recuperaron o goberno de Ares e pasou a ser concelleiro de urbanismo. Porén, presentou a súa dimisión en xuño de 2008[3].
Predecesor: Manuel Rodríguez Doval |
Alcalde de Ares 1991 - 1999 |
Sucesor: José Manuel Cendán Fernández |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.